Posteos etiquetados Bioconstrución

Amigos da Terra celebra o seu Encontro anual de socios/as e voluntarios/as.

Os proximos días 24, 25 e 26 de setembro, Amigos da Terra celebra o seu “Encontro anual de socios/as e voluntarios/as”.

Convidamos a todas as persoas a xuntarse en As Corcerizas para compartir experiencias, falar das nosas inquedanzas e tamén para facer algo en común no proxecto.

Repetiremos a experiencia levada a cabo no campo de traballo de bioconstrucion e autoconstrución, e realizaremos traballos comunitarios de mellora do equipamento, coma algunhas tarefas que quedan pendentes de finalizar.

Ler mais…

Construír de forma sostible e coidar o noso medio é posible

A finais do pasado mes de agosto tivo lugar o campo de traballo sobre bioconstrución e autoconstrución, un espazo, no que ademais de coñecer novas técnicas e compartir experiencias, levamos á práctica os novos coñecementos adquiridos coa colaboración de diferentes expertos na materia.

Foron dez días nos que máis dunha treintena de persoas de idades e profesións moi dispares, unímonos desde diferentes puntos do estado español para compartir outros modelos de desenvolvemento máis respectuosos co noso medio. Ler mais…

Participa nas Xornadas Abertas sobre Bioconstrución

Dentro do contexto do Campo de Traballo que Amigos da Terra levará a cabo do 20 ao 29 de agosto, disporemos dalgunhas ponencias abertas ao público. Nestas xornadas contaremos coa colaboración de expertos/as para tratar diferentes temas sobre Bioconstrución e Arquitectura Bioclimática.

Consulta o Programa das xornadas

As persoas que participen en todas as xornadas poderán solicitar certificado de asistencia de 10horas

Prezo das Xornadas: 20 €

Ficha incripción_xornadas abertas en formato doc

Ficha inscripción_xornadas abertas en formato odt

Promoción de verán As Corcerizas

Este verán desfruta da túa estancia no albergue por tan só 8€.
Terás ademais a posibilidade de realizar rutas guiadas, e visitar as instalacións para coñecer o funcionamento das enerxías renovables e as técnicas de bioconstrución que fan de As Corcerizas un lugar especial e coherente co medio.

Así mesmo, o 31 de xullo realizaremos unha visita guiada pola Serra de San Mamede e o seu contorno. Un percorrido pola historia, innovación e lecer dos pobos de Vilar de Barrio e Maceda. Ler mais…

Tecendo redes para o cambio

Do 3 ao 10 de xullo tivo lugar no Centro o Seminario de cambio climático “Tecendo redes para o cambio” no que participaron compañeiros/as de Bélxica, Madrid, Reino Unido, Galicia e a asociación Oïkos de Francia.
Unha experiencia intensiva pero moi enriquecedora para todos/as os/as asistentes, no que puidemos compartir experiencias, metodoloxías e proxectos con compañeiros doutros países e que nos serviu para reflexionar sobre como facer fronte a un sistema que amplía as desigualdades sociais e destrúe o noso medio ambiente. Ler mais…

Inscríbete agora no Campo de Traballo Alternativo

bioconstrucionXa está dispoñible o programa de contidos do campo de traballo alternativo e a ficha para que enviedes a vosa solicitude de inscrición, a través dun correo electrónico.

Pronto teredes máis información sobre as entidades e persoas que colaborarán con Amigos da Terra neste proxecto e enriquecerán a aprendizaxe.

Contidos

Ficha de inscricion en formato odt

Ficha de inscricion en formato doc


Campo de Traballo Alternativo. Bioconstrución e Autoconstrución

campo de traballoAmigos da Terra abre o plazo de inscrición para a formación en bioconstrución e autoconstrución que levaremos a cabo a través dun campo de traballo diferente, no que prima o coñecemento de novas técnicas bioconstrutivas e as súas aplicacións prácticas a través da  realización de traballos colectivos.

Ao longo destes 10 días desfrutaremos dun programa variado de formación, animación, lecer, convivencia e participación, á vez que colaboramos cun proxecto no que podemos demostrar outros modelos de desenvolvemento máis respetuosos co medio que compartimos.

Ler mais…