Posteos etiquetados Barro
Participa no workshop de bioconstrución
Feb 7
Posteado por Paula Vidal en Axenda | 5.354 vistas
En Amigos da Terra apostamos por un cambio de modelo enerxético, apoiando o aforro e a eficiencia enerxética; e promovendo o uso e autoxestión das renovables a través dun modelo distribuído como o de As Corcerizas.
Nesta liña, a fin de semana do 22-23 de febreiro convidámosche a que participes directamente na creación deste novo modelo, a través da campaña ésta é a nosa enerxía!:
- Coñecendo como formar parte activa na xestión da electricidade como consumidora e posible produtora.
- Empregando sistemas baseados no aforro e eficiencia enerxética: workshop de muros radiantes con barro crú para a calefación.
Próximos cursos de Amigos da Terra, consulta as datas!
Feb 3
Posteado por Paula Vidal en Formación e Divulgación | 3.568 vistas
Nos vindeiros meses, desenvolveremos as seguintes accións:
- Febreiro 22-23: Workshop de bioconstrución; participación na construción de muros radiantes con barro crú.
- Marzo 8-9: Deseño en Permacultura e práctica de horta.
- Marzo 20-23: Deseño, montaxe e mantemento de sistemas eólicos de pequena potencia. Práctica real-montaxe dun eólico.
- Abril 12-13: Cociña ecolóxica, natural e local.
- Abril 26-27: Bio-Decoración creativa.
Continuaremos informando de cada curso, cos contidos, formadores/as, prezos e modo de inscripción. Nos meses de maio e xuño máis… estade atentas/os!
Únete ao campo de traballo de bioconstrución!
Abr 24
Posteado por Paula Vidal en Educación Ambiental para Persoas ... | 4.740 vistas
Está aberta a inscrición para o Campo de traballo internacional que levaremos a cabo no verán, do 1 ao 12 de agosto 2013 en As Corcerizas.
Amigos da Terra abre un espazo participativo para a formación práctica en bioconstrución a través de traballos colectivos que nos mostren como empregar materiais ecolóxicos para minimizar os impactos que xeneramos coa nosa forma de vida. Adicaremos as mañás á rehabilitación de estruturas dos edificios bioclimáticos, combinando os revocos de barro, tratamentos naturais para estructuras de madeira, etc.; coa protección do contorno natural recuperando o ecosistema forestal e vixiando para a detección de posibles lumes na Serra de San Mamede.
Polas tardes disfrutaremos de actividades complementarias como obradoiros ambientais, roteiros e dinámicas grupais que fomenten un ambiente amigable e distendido. Teredes a oportunidade de coñecer tamén a costa galega e os recursos da cidade de Ourense. Apúntate a este espazo de reflexión e acción! [INFORMACIÓN AMPLIADA]
Consulta aquí as condicións xerais e modo de inscrición a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que apoia e promove esta iniciativa a través da campaña Acción de Verán.
Apúntate aos cursos desta primavera!
Mar 21
Posteado por Paula Vidal en Formación e Divulgación | 3.773 vistas
Dende Amigos da Terra adiantámosvos o programa de accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera:
– Fotografía ambiental, imaxes para o cambio social
– Tratamentos biolóxicos de augas residuais: cómo construir un sistema de depuración autónomo
– Alimentación e nutrición sana eco-lóxica e natural
– Elaboración de xabóns e cosmética natural
Curso de Sistemas eficientes de calefacción: Muro Radiante con Barro
Out 3
Posteado por Paula Vidal en Axenda | 7.481 vistas
A fin de semana do 27-28 de outubro levaremos a cabo un curso sobre sistemas eficientes de calefacción, no que realizaremos na práctica 2 muros radiantes con barro crú, mecanismo que permite unha captación corporal de temperatura superior que nos solos radiantes.
Trátase dun sistema moi eficiente, que funciona a baixa temperatura (35-40ºC), de doada combinación con enerxías renovables e moi saudable pola transpirabilidade do barro. Imparte a formación Guido Tomasini, artesano e bioconstrutor.
Divulgando a Bioconstrución
Out 21
Posteado por Paula Vidal en Formación e Divulgación | 2.960 vistas
Xa están dispoñibles as presentacións do curso avanzado de bioconstrución. Unha pequena parte de todo o falado e practicado, pero unha boa guía para continuar coa formación e divulgación de toda esta información.
EL BARRO EN LA CONSRUCCION – GUIDO TOMASINI: información da historia do uso do barro, descrición, propiedades e posibilidades de aplicación hoxe en día.
TERMICA DE LOS EDIFICIOS – ROMAIN DENISOT, OIKOS: información sobre a concepción térmica dunha edificación, importancia do illamento, cómo facelo e materiais máis axeitados.
MARCO LEGAL – ANA LOPEZ, FAIMEVI: información sobre normativa a nivel europeo, estatal e autonómico; sistemas internacionais de certificación; empresas de servizos enerxéticos; e edificios sostibles.
Podedes consultalas e descargalas pinchando aquí
Tamén dispoñedes das galerías de fotos das dúas fins de semana: