Posteos etiquetados Autoconstrución
Curso de Xeobioloxía e Bioconstrución
Out 21
A Bioconstrución entende unha relación de saúde e harmonía entre a vivenda e as persoas, respetando o medio e incorporando sistemas eficientes e aforradores de enerxía. Os días 8 e 9 de Novembro, levaremos a cabo un curso co obxectivo de mostrar os aspectos a ter en conta dende o momento de plantexar o edificio, integrando, ademais da orientación, unha serie de factores de risco que poderían afectar á saúde das persoas que habiten o lugar.
Unha axeitada prospección da xeobioloxÍa do terreo daranos información sobre posibles alteracións; aprendendo cómo replantexar o posicionamento da edificación no seu lugar óptimo segundo a súa finalidade. Aprenderemos a facer un estudo de Biohabitabilidade e a elaborar paralelamente unha idealización e construción cos materiais axeitados aos criterios da Bioconstrución: cal, arxilas, madeiras, pinturas orgánicas, etc. Así como o uso e manutención e a súa vinculación coa saúde.
Apúntate canto antes! aquí o PROGRAMA COMPLETO XEOBIOLOXÍA E BIOCONSTRUCIÓN. Ler mais…
Obradoiro de Pinturas e Aceites Naturais
Out 6
O 18 de outubro levaremos a cabo un obradoiro no que coñeceremos as vantaxes do emprego de pinturas e vernices naturais: transpirables, regulan a humidade e están libres de sustancias nocivas. A súa elaboración é respetuosa co medio, tanto na produción como na reciclaxe de materias primas e embalaxes. Unha alternativa ás convencionais que supoñen un risco para a saúde polas sustancias canceríxenas e a emisión de gases tóxicos.
Imparte a formación o especialista Alexandre Domínguez, coñecido como Pintor de Quins e promotor da empresa Decologic
Consulta os horarios, contidos e actividades complementarias da xornada!
Remata o Campo de traballo internacional de bioconstrución!
Ago 15
O pasado 12 de agosto finalizou o campo de traballo internacional de bioconstrución e autoconstrución en As Corcerizas. Ao longo de doce xornadas, mozas de seis nacionalidades diferentes aprenderon a deseñar e construir seguindo os principios da construción sostible.
O programa completouse con charlas informativas sobre o sistema alimentario convencional, a mediciña alopática e o presente modelo enerxético. E para coñecer as alternativas propuxemos diversos obradoiros de cosmética natural, velas e xabóns veganos, elaboración de pan, de marmelos e cervexa artesanal. Aquí algunhas FOTOGRAFÍAS das xornadas.
Campo de traballo en agosto, apúntate!
Mai 6
Este verán levaremos a cabo un novo Campo de Traballo Internacional en As Corcerizas, dirixido a persoas entre 18 e 30 anos.
Do 1 ao 12 de agosto desenvolveremos actividades de bioconstrución e autoconstrución, nun ambiente participativo e lúdico.
Tamén se traballará na protección do contorno natural, recuperando o ecosistema forestal e vixiando para a detección de posibles lumes na Serra de San Mamede; xunto con roteiros pola montaña, obradoiros, e dinámicas grupais que fomentarán un ambiente amigable e distendido. {INFORMACIÓN AMPLIADA}
Consulta aquí as condicións xerais e modo de inscrición a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,que apoia e promove esta iniciativa a través da campaña Acción de Verán.
A cal e os seus usos: curso práctico
Abr 21
A asociación galega para a bioconstrución, ESPIGA, organiza esta formación en As Corcerizas co obxectivo de poñer en coñecemento das participantes a cal en pasta, para a súa aplicación en restauración e/ou conservación do Patrimonio Histórico, bioconstrución, construción ecolóxica e autoconstrución.
Da man de JOYSTUC coñeceremos a versatilidade que presenta este gran material aplicable tanto en exteriores como interiores.
O curso levarase a cabo do 15 ao 17 de maio, e vai dirixido especialmente a profesionais do mundo da construción e do estuco. Pero tamén a todas aquelas persoas interesadas na mellora da calidade das súas vivendas e da sostibilidade. Consulta aquí o PROGRAMA E CONDICIÓNS, e inscríbete!
Bioconstrución con sacos de terra. Curso práctico
Mai 6
A bioconstrucion é un fenómeno imparable e unha opción pola que cada vez se decantan máis persoas ao coñecer que é posible construir a túa propia casa cuns estándares de calidade moi elevados e un prezo razoable.
O obxectivo deste curso intensivo, do 17 ao 21 de xullo, é o de capacitar para a construción de vivendas con sacos de terra, mediante a construción dun domo dende a cimentaciòn ata o acabado. O sistema basease na consecución de fiadas de sacos recheos con terra estabilizada e compactada, estructuras autoresistentes e illantes, hidrófugas e ignífugas.
O sistema é único en todo o proceso: a casa é de abaixo a arriba de terra e cal. [PROGRAMA]
Imparte o bioconstrutor Antonio Prados, certificado en superadobe e fundador de tienes tierra tienes casa