Posteos etiquetados Alternativas

Curso de elaboración de xabóns e cosmética natural

010613_curso_xabons

O uso frecuente de cosméticos con aditivos pode ameazar a saúde da nosa pel e de todo o noso organismo; xunto coa consecuente contaminación das augas por excesos de sustancias tóxicas. A través deste curso ofrecemos unha alternativa natural e saudable!

Realizaremos o proceso completo de elaboración con diferentes compoñentes e esencias, co obxectivo de que cada participante poda facer os seus propios xabóns, champús, cremas, desodorantes e demais cosméticos na casa, empregando elementos ecolóxicos.

Consulta o PROGRAMA que desenvolveremos de xeito práctico os días 1 e 2 de xuño; ademais entregarase un manual detallado.

Ler mais…

ENTENDÉMONOS: curso de comunicación intra e interpersoal

180513_curso_intelixencia_emocional

Para todas as persoas e colectivos que queirades reflexionar e aprender conceptos e técnicas relacionadas coa comunicación asertiva e a mellora das relacións, presentamos este curso a desenvolver o 25 e 26 de maio en As Corcerizas. Cun clima grupal cómodo e lúdico, traballaremos a comunicación verbal e non verbal, as habilidades comunicativas e resolución de conflictos, tanto para o ámbito persoal como profesional.

Fomentar a autoestima, a motivación e o benestar; coñecer ferramentas para a expresión e xestión das emocións; entrenar a autoafirmación e a empatía; ou coñecer o “continuo” entre a restricción total e a necesidade de poñernos límites, son algúns dos obxectivos. Neste momento de cambio temos a oportunidade de reconciliarnos con nós mesmas, soltar amarras e aprender a cooperar e xuntar forzas! [PROGRAMA ENTENDÉMONOS]

Ler mais…

Únete ao campo de traballo de bioconstrución!

campo_traballo_bioconstrucionEstá aberta a inscrición para o Campo de traballo internacional que levaremos a cabo no verán, do 1 ao 12 de agosto 2013 en As Corcerizas.

Amigos da Terra abre un espazo participativo para a formación práctica en bioconstrución a través de traballos colectivos que nos mostren como empregar materiais ecolóxicos para minimizar os impactos que xeneramos coa nosa forma de vida. Adicaremos as mañás á rehabilitación de estruturas dos edificios bioclimáticos, combinando os revocos de barro, tratamentos naturais para estructuras de madeira, etc.; coa protección do contorno natural recuperando o ecosistema forestal e vixiando para a detección de posibles lumes na Serra de San Mamede.

Polas tardes disfrutaremos de actividades complementarias como obradoiros ambientais, roteiros e dinámicas grupais que fomenten un ambiente amigable e distendido. Teredes a oportunidade de coñecer tamén a costa galega e os recursos da cidade de Ourense. Apúntate a este espazo de reflexión e acción! [INFORMACIÓN AMPLIADA]

Consulta aquí as condicións xerais e modo de inscrición a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que apoia e promove esta iniciativa a través da campaña Acción de Verán.

Apúntate aos cursos desta primavera!

formacion_primavera_2013Dende Amigos da Terra adiantámosvos o programa de accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera:

Fotografía ambiental, imaxes para o cambio social

Tratamentos biolóxicos de augas residuais: cómo construir un sistema de depuración autónomo

– Alimentación e nutrición sana eco-lóxica e natural

Elaboración de xabóns e cosmética natural

Construción con sacos de terra

Ler mais…

Campamentos 2013 con Amigos da Terra!

Este verán apuntate a un Campamento Alternativo!

Nos campamentos de Amigos da Terra apostamos por unha educación ambiental de calidade, onde ademais do propio disfrute das actividades aportase unha experiencia vivencial de alto valor.

Desenvolvemos un programa en permanente contacto coa natureza, ampliando a sensibilidade que permite identificar valores humáns e de convivencia na mesma. E coidamos a alimentación cunha cociña libre de transxénicos e con alimentos ecolóxicos.

Do 1 ao 10 de xullo terán o protagonismo os mozos e mozas de 10 a 14 anos.

Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións e visitas a pobos próximos, obradoiros creativos e actividades manuais, xogos populares, dinámicas de grupo, cine ao aire libre, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis informacion sobre o enfoque e actividades deste ano.

Fotografías de anteriores Campamentos en As Corcerizas

Ler mais…

Excelentes resultados do curso de Agroecoloxía

queixos e conservasA pasada fin de semana levamos a cabo o curso de elaboración de queixos e conservas impartido por Rocío Loureiro, moi valorada pola súa metodoloxía práctica e exposición dos contidos.

O sábado, a partir de leite crú, elaboramos iogures, queixos frescos, semicurados e o quark, que degustamos ao día seguinte, logo da presentación do informe “Alimentos Quilométricos”.

O domingo practicamos con productos da horta distintas técnicas de conservación que nos permitirán disfrutar durante todo o ano dos produtos de tempada.

Aquí tedes algunhas fotografías das xornadas, esperámosvos para a seguinte edición!

Agroecoloxía na casa: curso práctico de elaboración de queixos e conservas

agroecoloxía na casaA fin de semana do 24-25 de novembro Amigos da Terra convídavos a participar no curso de elaboración artesanal de queixos e conservas, co obxectivo de introducirnos no eido da agroecoloxía práctica, investigando novas alternativas e posibilidades para facer un consumo máis sustentable e consciente.

Aprenderemos diferentes técnicas de conservación de froitas e hortalizas de tempada para disfrutar delas todo o ano (desecación, escabeche, encurtido, etc.), así como os tipos e procesos para a elaboración de queixo, iogur, quark.., con degustación!

O curso está dirixido a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, empresa, etc., interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.

Ler mais…

10 anos compartindo alternativas! celébrao con nós

Dende Amigos da Terra convidámoste a compartir con nós un momento moi especial:

O 10 ANIVERSARIO DE AS CORCERIZAS!

Achégate a As Corcerizas a fin de semana do 29-30 de setembro, e disfruta das actividades ambientais e obradorios dunha programación lúdica e participativa (esperamos a túa aportación!). E pola noite… festa rachada, música e lembranzas!

Ler mais…

Amigos da Terra continuará desenvolvendo o proxecto de As Corcerizas 10 anos máis

Amigos da Terra asinamos onte coa Deputación de Ourense a prórroga para a xestión das instalacións de As Corcerizas ata o ano 2022, supondo 10 anos máis de oportunidades para lograr cambios proactivos na sociedade, fiando redes para un cambio de modelo.

Dende Amigos da Terra levamos desenvolvendo o noso proxecto educativo en As Corcerizas dende o ano 2002, cumprindose precisamente este ano o 10 anivesario.

Ler mais…

Campamentos de verán con Greenpeace!

Este ano levaremos a cabo en As Corcerizas os campamentos de verán de Greenpeace, que levan xa 15 anos desenvolvéndose en distintos lugares de referencia.

Os campamentos de Greenpeace teñen como pilares fundamentais a paz, a tolerancia, a igualdade e a loita por un futuro verde; valores que comparte con Amigos da Terra e que convertirán este campamento nunha experiencia especialmente inesquecible e positiva para os/as nenos/as.

Están dirixidos a “Xóvenes en Acción”, de 12 a 17 anos, repartidos en quendas de 10 días durante todo o mes de xullo.

Ampliar información