Posteos etiquetados Alimentos Quilométricos
Esta primavera: Actividades escolares gratuítas!
Xan 12
Amigos da Terra convida a 8 centros escolares a a participar no programa “Alimentos Kilométricos”, investigando como frear o cambio climático co que comemos cada día!
Os alimentos veñen cada vez de máis lonxe, como os “pementos de Padrón” de Marrocos ou os kiwis de Nova Zelanda. En Galicia as terras de cultivo se abandonan, mentres noutros lugares do Sur do planeta producense alimentos que viaxarán miles de quilómetros ata chegar ás nosas mesas. Unha alimentación sostible, ademáis de ser saudable para nós mesmos/as, debe respectar o medio no que todos/as convivimos. En As Corcerizas pretendemos demostrar que este modelo é posible, baseado nunha redución de emisións.
Consulta os contidos, condicións e horarios: PROGRAMA ALIMENTOS KILOMÉTRICOS 2015
Xornadas escolares “Alimentos Kilométricos”
Set 18
Os alimentos veñen cada vez de máis lonxe, como os “pementos de Padrón” de Marrocos ou os kiwis de Nova Zelanda. En Galicia as terras de cultivo se abandonan, mentres noutros lugares do Sur selvas e pobos son arrasados para producir alimentos baratos que viaxarán miles de quilómetros ata chegar ás nosas mesas.
Unha alimentación sustentable, ademais de ser saudable para nós mesmos/as, debe respectar o medio no que todos/as convivimos. En As Corcerizas se demostra que este modelo é posible, baseado nunha redución de emisións de CO2: enerxías renovables; eficiencia enerxética e bioconstrución; e unha alimentación sostible, de orixe local e ecolóxica.
Participa no curso práctico de Cociña ecolóxica e local (Completo)
Abr 16
Os días 5 e 6 de maio levaremos a cabo o curso práctico de cociña ecolóxica. Nesta II edición achegarémonos máis a unha alimentación local e de tempada, centrándonos en alternativas para combinar os alimentos e obter a enerxía que precisamos na estación de primavera.
Coñeceremos os impactos que provocan os alimentos que percorren miles de quilómetros mentres cociñamos alternativas e coñecemos novas recetas.
Contaremos coa colaboración da especialista en cociña natural Gloria Domecq.
O curso está dirixido a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, empresa, etc., interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.