Posteos etiquetados Agroecoloxía

Participa no curso práctico de Cociña ecolóxica e local (Completo)

Os días 5 e 6 de maio levaremos a cabo o curso práctico de cociña ecolóxica. Nesta II edición achegarémonos máis a unha alimentación local e de tempada, centrándonos en alternativas para combinar os alimentos e obter a enerxía que precisamos na estación de primavera.

Coñeceremos os impactos que provocan os alimentos que percorren miles de quilómetros mentres cociñamos alternativas e coñecemos novas recetas.

Contaremos coa colaboración da especialista en cociña natural Gloria Domecq.

O curso está dirixido a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, empresa, etc., interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.

Ler mais…

Creando unha nova espiral de iniciativas

Esta fin de semana un grupo de 20 persoas participaron no curso de Horta Ecolóxica Familiar. Guiadas por Jacobo e Belén, puxemos a semente que xerminará en novas iniciativas e melloras das nosas hortas.

Para comezar, elaboramos entre todas unha espiral de aromáticas e un bancal para o cultivo de verán, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos. De xeito ameno e dende unha visión práctica, recibimos moita información e fomos máis conscientes de todos os factores a ter en conta nos nosos cultivos.

Unha posta en valor do traballo que desenvolven os labregos e labregas en Galicia, o que nos motiva a apoiar as iniciativas de agricultura ecolóxica local e a rexeitar unha alimentación baseada na explotación masiva dos recursos naturais e humanos.

O horto ecolóxico familiar. Capacitándonos na produción para o autoconsumo

Curso: O horto ecolóxico Familar. As Corcerizas

Do 17 – 18 de marzo dámos comezo á programación formativa de primavera cun curso teórico práctico sobre horticultura.

Da man de Belén Fervenza e Jacobo  Ojea, labregos/as ecolóxicos de Redondela e habituais colaboradores de Amigos da Terra, coñeceremos nocións básicas para iniciarse na creación dun horto ecolóxico para autoconsumo.

Planificación, rotacións, asociacións, sistemas de rega, creación de bancales, etc; serán algúns dos contidos a tratar neste curso, onde ademais dos contido teóricos, faremos prácticas sobre o terreo.

Ler mais…

Alimentos Quilométricos: novo programa escolar!

Os alimentos que comemos veñen cada vez de máis lonxe: hortalizas de Marrocos, garbanzos de México, viño de Chile.. Ademais, cada vez é maior a cantidade de alimentos que importamos, contribuindo ao abuso dos recursos naturais dos países do Sur e agravando o cambio climático pola gran cantidade de emisións de gases de efecto invernadero que supón.

Investiguemos como frear o cambio climático co que comemos cada día!

Convidámosvos a participar nas xornadas educativas que levaremos a cabo dende o mes de marzo ata xuño.

OS 3 PRIMEIROS CENTROS EN APUNTARSE DISFRUTARÁN DA XORNADA DE XEITO GRATUÍTO! coa financiación da Fundación Biodiversidad, a través do proxecto estatal do que forma parte este programa e que desenvolve Amigos de la Tierra en diferentes puntos do estado español.

Ler mais…

Participa no curso de cociña vexetariana e envasados

Coa idea de promover hábitos de consumo máis saudables, os días 12 e 13 de novembro levaremos a cabo un curso no que coñeceremos criterios de cociña vexetariana, coa fin de incorporar máis verduras, hortalizas e legumes na nosa alimentación diaria.

Elaboraremos receitas con productos de tempada e de orixe ecolóxica e local, descubrindo ademais novas posibilidades para poder conservalos durante todo o ano.

Vai ser divertido, ameno e sobre todo imos poder degustalo!

 

Actividade gratuita finaciada polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. Inclúe matrícula, aloxamento e manutención.

Ler mais…

As Corcerizas acolle o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas

Galego | Castellano

Este verán, do 25 ao 30 de agosto, As Corcerizas acollerá o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas.

Será un momento onde compartir experiencias e coñecementos que nos axuden a transformar de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno hacia novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a autoxestión e o respeto por minorías e maiorías.

Ler mais…

Grande afluencia das Comunidades de Montes ás Xornadas do 27 de febreiro

Pasadas as xornadas de “O monte como fonte sostible de recursos” podemos dicir que o balance é grandemente positivo.

No entorno das 45 persoas, das diferentes comunidades de montes e axentes implicados no entorno da Serra de San Mamede, déronse cita  na mañá do pasado domingo en As Corcerizas, para recibir con atención e interese as valoracións e propostas previstas na programación.

Ler mais…

Participación no III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica en Galicia

Amigos da Terra participará mañá xoves no “III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica en Galiza”, organizado por el Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo do 24 ao 26 de xuño. Nesta ocasión, participaremos na sesión 3, aula 8, presentando As Corcerizas como un exemplo práctico de xestión enerxética sostible e en total coherencia co medio. Ler mais…