Posteos etiquetados Agroecoloxía

Encontro de Soberanía Alimentaria. Alternativas locais para un cambio global

260914seminario_soberania_alimentaria_webA relación que temos cos alimentos e a forma na que os producimos está sometida a presións crecentes. Como resultado, a agricultura a pequena escala está sendo reemplazada por unha a gran escala, creada por agro-empresas transnacionais. Con este encontro en As Corcerizas, do 26 ao 28 de setembro, pretendemos participar na construción de pontes entre a xente e os seus alimentos:

A AGRO-INDUSTRIA E AS SÚAS REPERCUSIÓNS: unha visión global sobre a realidade dos transxénicos; o acaparamento de terras; e o novo asalto da globalización económica: os tratados de libre comercio. Informándonos sobre as consecuencias ambientais e nas comunidades, e debatindo para acadar propostas.

DA HORTA AO PRATO. Obradoiro de Cociña EcoLóxica: alternativas prácticas para un cambio global.

Consulta os contidos, horarios e tarifas aquí: PROGRAMA SOBERANÍA ALIMENTARIA AS CORCERIZAS

Ler mais…

Related Images:

Campo de traballo en agosto, apúntate!

130801_campo_traballo

Este verán levaremos a cabo un novo Campo de Traballo Internacional en As Corcerizas, dirixido a persoas entre 18 e 30 anos.

Do 1 ao 12 de agosto desenvolveremos actividades de bioconstrución e autoconstrución, nun ambiente participativo e lúdico.

Tamén se traballará na protección do contorno natural, recuperando o ecosistema forestal e vixiando para a detección de posibles lumes na Serra de San Mamede; xunto con roteiros pola montaña, obradoiros, e dinámicas grupais que fomentarán un ambiente amigable e distendido. {INFORMACIÓN AMPLIADA}

Consulta aquí as condicións xerais e modo de inscrición a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,que apoia e promove esta iniciativa a través da campaña Acción de Verán.

Related Images:

Xornadas de PrantaFragas, activismo na Serra!

voluntariado_prantafragasDende Amigos da Terra continuamos coas accións de revalorización e recuperación do monte no entorno de As Corcerizas! Esta mesma fin de semana un grupo de activistas da asociación organiza e levará a cabo un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede: XORNADAS DE PRANTAFRAGAS.

Empregaranse as sementes recollidas neste mesmo mes, na súa maioría landras de carballo da zona da Limia.

Estades todas/os convidadas/os a pasar a fin de semana en As Corcerizas, e implicarvos na restauración destes montes, apuntádevos!

Ler mais…

Related Images:

Apúntate ao curso de alimentación eco-loxica e natural

150513_curso_alimentacionDende Amigos da Terra apostamos por unha alimentación sana, natural e sustentable, polo que os días 15 e 16 de xuño levaremos a cabo a III edición do curso. Nesta ocasión achegarémonos a coñecer o tipo de alimentación axeitado ás necesidades nutricionais de cada persoa, aprendendo a deseñar e preparar dietas equilibradas e equilibradoras; coñecendo o que máis nos convén segundo a estación e estado do noso organismo en cada momento. Aprenderemos menús alternativos, carentes de lácteos ou glute entre outras cousas!

Consulta os contidos específicos e máis información no [PROGRAMA COMPLETO]

A actividade é gratuíta e as prazas limitadas, inscríbete xa!

Ler mais…

Related Images:

Curso de elaboración de xabóns e cosmética natural

010613_curso_xabons

O uso frecuente de cosméticos con aditivos pode ameazar a saúde da nosa pel e de todo o noso organismo; xunto coa consecuente contaminación das augas por excesos de sustancias tóxicas. A través deste curso ofrecemos unha alternativa natural e saudable!

Realizaremos o proceso completo de elaboración con diferentes compoñentes e esencias, co obxectivo de que cada participante poda facer os seus propios xabóns, champús, cremas, desodorantes e demais cosméticos na casa, empregando elementos ecolóxicos.

Consulta o PROGRAMA que desenvolveremos de xeito práctico os días 1 e 2 de xuño; ademais entregarase un manual detallado.

Ler mais…

Related Images:

Únete ao campo de traballo de bioconstrución!

campo_traballo_bioconstrucionEstá aberta a inscrición para o Campo de traballo internacional que levaremos a cabo no verán, do 1 ao 12 de agosto 2013 en As Corcerizas.

Amigos da Terra abre un espazo participativo para a formación práctica en bioconstrución a través de traballos colectivos que nos mostren como empregar materiais ecolóxicos para minimizar os impactos que xeneramos coa nosa forma de vida. Adicaremos as mañás á rehabilitación de estruturas dos edificios bioclimáticos, combinando os revocos de barro, tratamentos naturais para estructuras de madeira, etc.; coa protección do contorno natural recuperando o ecosistema forestal e vixiando para a detección de posibles lumes na Serra de San Mamede.

Polas tardes disfrutaremos de actividades complementarias como obradoiros ambientais, roteiros e dinámicas grupais que fomenten un ambiente amigable e distendido. Teredes a oportunidade de coñecer tamén a costa galega e os recursos da cidade de Ourense. Apúntate a este espazo de reflexión e acción! [INFORMACIÓN AMPLIADA]

Consulta aquí as condicións xerais e modo de inscrición a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que apoia e promove esta iniciativa a través da campaña Acción de Verán.

Related Images:

Inscríbete no curso de horto ecolóxico! e participa nas hortas urbanas comunitarias

260212_curso_horta_ecoloxicaAmigos da Terra convídavos a participar na II edición do curso horto ecolóxico familiar a fin de semana do 9-10 de marzo.

Ademais dos contidos teóricos necesarios para poñer en marcha unha horta, levaremos a cabo obradoiros prácticos que nos permitirán iniciar e manter os nosos cultivos: extracción de sementes, preparación de extractos vexetais e a elaboración de sementeiras.

O curso será impartido por Jacobo Ojea e Belén Fervenza, produtores/as de Redondela con ampla experiencia en agricultura ecolóxica. Coa súa colaboración iniciaremos tamén hortas urbanas en Ourense e Vigo durante a primavera, a través de xornadas de traballo en parcelas comunitarias. Apúntate ao autoconsumo!

Ler mais…

Related Images:

Excelentes resultados do curso de Agroecoloxía

queixos e conservasA pasada fin de semana levamos a cabo o curso de elaboración de queixos e conservas impartido por Rocío Loureiro, moi valorada pola súa metodoloxía práctica e exposición dos contidos.

O sábado, a partir de leite crú, elaboramos iogures, queixos frescos, semicurados e o quark, que degustamos ao día seguinte, logo da presentación do informe “Alimentos Quilométricos”.

O domingo practicamos con productos da horta distintas técnicas de conservación que nos permitirán disfrutar durante todo o ano dos produtos de tempada.

Aquí tedes algunhas fotografías das xornadas, esperámosvos para a seguinte edición!

Related Images:

Agroecoloxía na casa: curso práctico de elaboración de queixos e conservas

agroecoloxía na casaA fin de semana do 24-25 de novembro Amigos da Terra convídavos a participar no curso de elaboración artesanal de queixos e conservas, co obxectivo de introducirnos no eido da agroecoloxía práctica, investigando novas alternativas e posibilidades para facer un consumo máis sustentable e consciente.

Aprenderemos diferentes técnicas de conservación de froitas e hortalizas de tempada para disfrutar delas todo o ano (desecación, escabeche, encurtido, etc.), así como os tipos e procesos para a elaboración de queixo, iogur, quark.., con degustación!

O curso está dirixido a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, empresa, etc., interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.

Ler mais…

Related Images:

10 anos compartindo alternativas! celébrao con nós

Dende Amigos da Terra convidámoste a compartir con nós un momento moi especial:

O 10 ANIVERSARIO DE AS CORCERIZAS!

Achégate a As Corcerizas a fin de semana do 29-30 de setembro, e disfruta das actividades ambientais e obradorios dunha programación lúdica e participativa (esperamos a túa aportación!). E pola noite… festa rachada, música e lembranzas!

Ler mais…

Related Images: