Posteos etiquetados Aforro Enerxético
Curso de estufas de alto rendemento: novas datas!
Set 25
As estufas cerámicas están deseñadas baixo as premisas de aforro enerxético, construción sostible e óptimo aproveitamento da enerxía producida pola leña. Ademais dunha maior eficiencia, lógrase unha importante redución na emisión de gases contaminantes. Neste curso práctico construiremos unha estufa, da man do experto Manuel Vázquez, xerente de ECOFOGAR.
Datas e lugar: 25-26 de outubro, en As Corcerizas
Horarios e inscrición: o curso comeza o sábado ás 10.30h. e remata o domingo ás 19.00h. Para matricularse é preciso enviar a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com, ata o día 22 de outubro
Destinatarios/as: público en xeral, calquera persoa interesada en incorporar sistemas eficientes no fogar; especialmente dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, etc.
Consulta os contidos, tarifas e apúntate canto antes!
Bioconstrución e renovables: formación no mes de outubro
Set 23
Aberta a inscrición dos cursos que pon en marcha Amigos da Terra:
– Estufas de alto rendemento: 11 e 12 de outubro. Imparte Manuel Vázquez, Ecofogar
– Pinturas e aceites naturais: 18 de outubro. Imparte Alejandro Domínguez-Pintor de Quins, Decologic
– Enerxías renovables no fogar e instalación de fotovoltaicas: 25 e 26 de outubro. Imparte Suso López Taboada, Montaxes Lagoa
– Xeobioloxía e bioconstrución: 8 e 9 de novembro. Imparte Xulio Fernández, Bioconstruir
Se estás interesada solicita información e realiza a preinscrición en: info@ascorcerizas.com
Os cursos irán publicandose con programa, horarios, formadores/as e tarifas. Estade atentas!
Finaliza con éxito a I edición do programa escolar: Reduce a pegada de carbono!
Xuñ 10
Desexámosvos unha boa enerxía que ilumine o 2014!
Dec 23
Con esta árbore, Amigos da Terra quere felicitarvos as festas e desexarvos unha boa enerxía que ilumine o vindeiro 2014.
Trátase dunha árbore de nadal de 75 metros de altura feita con lámpadas solares! activistas de Amigos da Terra quixeron lanzar, xunto ao Encoro de Santo Estevo do Sil, unha mensaxe clara á cidadanía: é posible desconectarse da rede e conectarse á enerxía solar, como demostramos en As Corcerizas. Por iso, reclamamos unhas políticas enerxéticas que fomenten as renovables e unha enerxía descentralizada. Únete!
Bioconstrución con sacos de terra. Curso práctico
Mai 6
A bioconstrucion é un fenómeno imparable e unha opción pola que cada vez se decantan máis persoas ao coñecer que é posible construir a túa propia casa cuns estándares de calidade moi elevados e un prezo razoable.
O obxectivo deste curso intensivo, do 17 ao 21 de xullo, é o de capacitar para a construción de vivendas con sacos de terra, mediante a construción dun domo dende a cimentaciòn ata o acabado. O sistema basease na consecución de fiadas de sacos recheos con terra estabilizada e compactada, estructuras autoresistentes e illantes, hidrófugas e ignífugas.
O sistema é único en todo o proceso: a casa é de abaixo a arriba de terra e cal. [PROGRAMA]
Imparte o bioconstrutor Antonio Prados, certificado en superadobe e fundador de tienes tierra tienes casa
Tratamentos biolóxicos de augas residuais: curso práctico [NOVAS CONDICIÓNS DE HORARIOS E PREZOS]
Abr 15
Coa participación neste curso desenvolverás a capacidade técnica necesaria para poder acometer con éxito a construción, mantemento e xestión dun sistema de depuración doméstico sustentable.
Coa idea de identificar a opción máis apropiada para o noso proxecto ou fogar, os días 25 e 26 de maio o profesional Javier Santiago exporá as bases da fitodepuración e presentará alternativas viables para poder construir e autoconstruir o noso propio filtro.
Consulta o PROGRAMA cos contidos, novos horarios, currículum do formador; e apúntate ás alternativas naturais! MATRÍCULA: 60€
6ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar
Dec 20
Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar
Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro
O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria e secundaria: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos, aplicación de metoloxías científicas, coñecemento do medio e cooperación.
As xornadas serán desenvoltas nas instalacións de As Corcerizas e no entorno do Macizo Central Ourensán.
Contacta con nós en:
info@ascorcerizas.com
Telf: 988 374 318 / 986 125 171
- Rúa da Concordia 20, 2º esquerda 32003 – Ourense
- Rúa Policarpo Sanz, 17 – 1º D. 36202 – Vigo
Curso avanzado de Bioconstrución e Monográfico sobre Cal. PRAZAS CUBERTAS
Set 6
Formación dirixida a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, calidade ambiental, etc.
40 horas presenciais. Certificado de asistencia.
Prazas Limitadas!
Cursos financiados pola rede de Amigos de la Tierra
Podes inscribirte na formación completa ou participar só nun dos cursos:
Curso de Bioconstrución, 20 horas
- Módulo 1 – Sistemas construtivos e materiais (15h.): 30 Setembro, 1 e 2 de Outubro
- Módulo 2 – Térmica do edificio (5h.): 7 de Outubro
Monográfico de Rehabilitación e Construción con Cal, 20 horas
- Módulo Teórico – Por que o emprego de cal nos edificios? Aplicacións e beneficios do emprego da cal na construción e rehabiltación
- Módulo Práctico – Elaboración de morteros de cal; revocos exteriores e interiores; solos de cal
Consulta os contidos e condicións de inscrición: