Posteos etiquetados Campamentos Ambientais

Campamentos de verán con Amigos da Terra!

130207_banho_campa_webÁbrese o prazo de inscrición para os campamentos de 2014 con Amigos da Terra! En As Corcerizas creamos un marco de convivencia e traballo en equipo no que se desenvolven os valores que defende Amigos da Terra baseados no respecto pola natureza dende unha visión positiva e construtiva.

Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións, obradoiros creativos, xogos populares, dinámicas de grupo, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis información sobre o enfoque e actividades deste ano.

  • Do 1 ao 7 de xullo: 8 a 11 anos
  • Do 8 ao 14 de xullo: 12 a 15 anos

Ler mais…

Campamentos 2013 con Amigos da Terra!

Este verán apuntate a un Campamento Alternativo!

Nos campamentos de Amigos da Terra apostamos por unha educación ambiental de calidade, onde ademais do propio disfrute das actividades aportase unha experiencia vivencial de alto valor.

Desenvolvemos un programa en permanente contacto coa natureza, ampliando a sensibilidade que permite identificar valores humáns e de convivencia na mesma. E coidamos a alimentación cunha cociña libre de transxénicos e con alimentos ecolóxicos.

Do 1 ao 10 de xullo terán o protagonismo os mozos e mozas de 10 a 14 anos.

Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións e visitas a pobos próximos, obradoiros creativos e actividades manuais, xogos populares, dinámicas de grupo, cine ao aire libre, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis informacion sobre o enfoque e actividades deste ano.

Fotografías de anteriores Campamentos en As Corcerizas

Ler mais…

Descarga o calendario 2013 de Amigos da Terra Europa

A sección xuvenil de Amigos da Terra en Europa, Young Friends of the Earth Europe, están moi felices de poder mostrar as accións de 2012 neste calendario, e con ganas de planificar moitas máis cousas apaixoantes para 2013!

Podedes divulgar e descargar o calendario, imprimilo e empregalo cada día!

Atoparedesvos accións realizadas en Galicia, como fotos do summer camp en As Corcerizas, moitas delas feitas polos nosos/as voluntarios/as, parabéns polo traballo ben feito!

Damos comezo aos campas de verán de Greenpeace!

Na 15ª edición dos seus campamentos de verán, Greenpeace inicia as actividades para xóvenes en acción, e coherentemente co espíritu dos seus campamentos ningún contorno mellor que o de As Corcerizas, onde Amigos da Terra leva unha década sendo pioneira nos eidos da bioconstrución, enerxías limpas, alimentación ecolóxica e local, a redución e xestión dos seus residuos e a biodepuración das augas residuais.

Os/as participantes están a aprender como traballa Greenpeace, tanto a nivel de asociación como dos obxectivos ambientais e as campañas que levan a cabo, pero tamén están a coñecer a nosa realidade local e a disfrutar dos recursos da Serra de San Mamede.

Para Amigos da Terra convertir a utopía en realidade, e que dita realidade poda ser vivida e mostrada, constitúe un exemplo de que non hai mellor xeito de dicir as cousas que facelas.

Campamentos de verán con Greenpeace!

Este ano levaremos a cabo en As Corcerizas os campamentos de verán de Greenpeace, que levan xa 15 anos desenvolvéndose en distintos lugares de referencia.

Os campamentos de Greenpeace teñen como pilares fundamentais a paz, a tolerancia, a igualdade e a loita por un futuro verde; valores que comparte con Amigos da Terra e que convertirán este campamento nunha experiencia especialmente inesquecible e positiva para os/as nenos/as.

Están dirixidos a “Xóvenes en Acción”, de 12 a 17 anos, repartidos en quendas de 10 días durante todo o mes de xullo.

Ampliar información

Vente de campamento con Amigos de la Tierra!

Este verán poderás apuntar aos/ás teus/túas nenos/as ao Campamento ecolóxico de Educación Ambiental organizado polo grupo de Amigos de la Tierra Comunidad de Madrid.

Combinaremos as alternativas que ofrece As Corcerizas coa experiencia da asociación en campamentos de educación ambiental, actividades de lecer e multiaventura. Unha oportunidade para a convivencia de rapaces/zas de distintos territorios do Estado español, e na montaña!

  • DATAS: 2 a 11 de agosto
  • IDADES: 8 a 16 anos
  • PREZO: 287€ para socios/as; 331€ para non socios/as

Máis información e inscricións:

amigos@tierramadrid.org; 91 697 34 22 – 678 481 037

Comeza o campamento de verán co Concello de Pontevedra

Damos comenzo ao campamento de verán co Concello de Pontevedra dentro do programa PONTEVERÁN 2011 da Concellaría de Xuventude, no que participaran un total de 51 nenos/as de entre 8 e 14 anos.

Durante 10 días nenos e nenas disfrutarán dunha gran variedade de actividades lúdicas e educativas dentro dun entorno privilexiado coma é o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, descubrindo a través de xogos e dinámicas de grupo, de xeito lúdico e divertido, o fascinante entorno da serra; realizarán actividades en contacto coa natureza, desenvolvendo a sensibilidade que permite identificar os valores humanos e de convivencia na mesma.

Ademais terán a oportunidade para a recreación e o esparexemento, onde os/as nenos/as aprenderán e interactuarán coa natureza dunha forma ordeada e amigable.

Últimas prazas para os campamentos de Amigos da Terra!!

Queres reservar un campamento de verán? Pois date prisa, aínda quedan prazas dispoñibles!!
Descarga aquí toda a información e reserva xa o teu campamento  con Amigos da Terra!

Será unha oportunidade para todos os nenos e nenas que desexen convertirse durante estas vacacións de verán en intrépidos/as exploradores; coa a axuda dos/as monitores, descubrirán os segredos máis ocultos da Serra de San Mamede.
O campamento se desenvolverá nun marco de convivencia, respeto, traballo en equipo e cooperación, cun divertido programa de actividades que combina xogos, xincanas, multi-aventura, obradoiros e dinámicas de grupo.

DATAS: 1 a 8 de agosto de 2011
IDADES: 8 a 11 anos e 12 a 15 anos
PREZO: 335 euros; 300 euros para socios/as de Amigos da Terra

Non deixes pasar a oportunidade para este verán!!
Inscríbete!!

(Data límite de inscrición: 11 de xullo)

Campamentos de Verán de Amigos da Terra

Ábrese o prazo de inscrición dos Campamentos Ambientais de Amigos da Terra para mozos/as e nenos/as. Este ano os campamentos son de carácter estatal, convivindo nenos e nenas de todas as comunidades en As Corcerizas, e adaptados aos diferentes grupos de idades.

Os/as pequenos/as disfrutarán dunha nova experiencia, na que a través do xogo e o divertimento, reforzarán actitudes que os capacitarán para vivir en coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.

Ler mais…

Campamento Concello de Vilagarcía

Do 5 ao 9 de agosto tivo lugar en As Corcerizas o campamento xuvenil de verán do Concello de Vilagarcía, promovido pola Concellería de Xuventude e no que participaron mozos/as de 13 a 15 anos.

Un total de 30 rapaces/zas reuníronse no Centro de Educación Ambiental co obxectivo de pasar uns días de divertimento en plena natureza.

Unha forma diferente de gozar das vacacións e adquirir, de xeito lúdico, novos conceptos e actitudes que os capacitarán para vivir en coherencia e respecto co medio nunha sociedade de futuro.

Ler mais…