Posteos etiquetados Tiempo Libre

Curso práctico de Educación Ambiental, inscríbete!

Amigos da Terra desenvolverá o vindeiro 4 e 5 de xuño o curso Recursos prácticos de educación ambiental no tempo libre, co que se pretende poñer en valor as ideas e capacidades dos monitores/as, reforzando o papel como educadores/as e nutrindo a vía para a profesionalización do sector do ocio e tempo de lecer.

Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas. Traballaremos como abordar algunhas problemáticas ambientais difíciles de incorporar en programas de animación e tempo libre, como por exemplo o cambio climático, e como capacitar para a acción.

Datos de interese:

Datas e Horario: 4-5 de xuño de 2011; o curso dará comezo o sábado 4 ás 10.30h e rematará o domingo 5 ás 19.00h

Prezo: 75 €; 60 € para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe matrícula, aloxamento e alimentación procedente de agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.

Destinatarios/as: monitores/as e directores/as de tempo libre, educadores/as ambientais e calquera persoa interesada nos obxectivos do curso.

Ler mais…

Últimos días para a inscrición no curso de «Ecoteatro»

Ao longo desta semana ainda tedes a oportunidade de inscribirvos ao curso de Ecoteatro, baixo o título de A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación, que se celebrará o 16 e 17 de abril.

Consulta a información pinchando aquí, e apuntate canto antes!

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ampliou o plazo para a recepción de solicitudes durante esta semana. Se tes algunha dúbida contacta con nós en info@ascorcerizas.com

 

O obxectivo do curso é a capacitación de monitores/as, educadores/as e outros profesionais relacionados cos eidos do tempo libre e a educación ambiental, con novas ferramentas comunicativas e de participación. A través da teatralización, expresión corporal, animación, etc, poderedes mellorar nas vosas intervencións educativas e lúdicas, tanto para o público infantil como adulto.

Inscríbete no Curso «A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación»

Amigos da Terra anímavos a que vos inscribades ao Curso A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación, enmarcado no Plan de formación no eido do tempo libre que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Os cursos do plan están dirixidos a mozos e mozas en xeral, non obstante terán preferencia os/as monitores/as e directores/as de tempo libre.

DATAS: 15, 16 e 17 de abril. Venres ás 19.30h. ata o domingo ás 19.00h.

DURACIÓN: 20 horas, repartidos en módulos teóricos e fundamentalmente prácticos

INSCRICIÓN:  A reserva da praza efectuarase por vía telemática, accedendo á solicitude a través da web www.xuventude.net. Pincha aquí e consulta toda a información precisa.

PRAZAS LIMITADAS!

Ler mais…

Recursos prácticos para a educación ambiental no tempo de lecer

Amigos da Terra desenvolverá o vindeiro 29 e 30 de maio o curso “Recursos prácticos para a educación ambiental no tempo de lecer”, enmarcado dentro do Plan de formación continua para monitores/as e directores/as de tempo libre que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Este curso pretende poñer en valor as ideas e capacidades dos monitores/as, reforzando o papel como educadores/as e nutrindo a vía para a profesionalización do sector do ocio e tempo de lecer.

Ler mais…