Posteos etiquetados Seminarios
(Galego) Get moving too! Xuntanza de Amigos da Terra Europa en As Corcerizas
sep 17
Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Galego.
Seminario Estatal «Cambio Climático e Biodiversidade. Impactos e Solucións» (PRAZAS CUBERTAS)
mar 16
Amigos de la Tierra e a Fundación Biodiversidad traballamos durante 2010 e 2011 no proxecto Modelización del impacto del cambio climático sobre la biodiversidad vegetal ibérica. Este traballo pretende predecir mediante simulacións estadísticas cál será o impacto do cambio climático sobre a distribución potencial dunha mostra representativa da flora da Península Ibérica.
Co obxecto de dar a coñecer os resultados do proxecto, outros similares e profundizar nos debates sobre metodoloxías, políticas, xestión e solucións ao problema, os días 9 e 10 de abril levaremos a cabo estas xornadas en As Corcerizas, como punto de encontro de axentes do mundo ambiental, académico e do público en xeral.
Contaremos con recoñecidos/as ponentes e excelentes comunicadores/as, consulta o Programa do Seminario e apúntate canto antes!
As xornadas, financiadas pola Fundación Biodiversidad, son gratuítas para os/as participantes, e as plazas son limitadas. Inclúe aloxamento e manutención.
Tecendo redes para o cambio
jul 15
Do 3 ao 10 de xullo tivo lugar no Centro o Seminario de cambio climático “Tecendo redes para o cambio” no que participaron compañeiros/as de Bélxica, Madrid, Reino Unido, Galicia e a asociación Oïkos de Francia.
Unha experiencia intensiva pero moi enriquecedora para todos/as os/as asistentes, no que puidemos compartir experiencias, metodoloxías e proxectos con compañeiros doutros países e que nos serviu para reflexionar sobre como facer fronte a un sistema que amplía as desigualdades sociais e destrúe o noso medio ambiente. Ler mais…
Seminario Internacional de Cambio Climático: Tecendo redes para o cambio
jun 18
Amigos da Terra organiza do 3 ao 10 de xullo un seminario de cambio climático en As Corcerizas, encontro dirixido a mozos/as de catro países europeos con inquietudes respecto aos problemas e ás posibles alternativas para frear o cambio climático. Ler mais…
Alternativas prácticas fronte a un modelo en crise
nov 16
Ante a situación de crise enerxética e outros problemas ambientais e sociais relacionados co modelo de «desenvolvmento» actual, debemos identificar e aplicar solucións integrais que nos capaciten, dende xa, para iniciar o cambio cara un modelo de vida máis sustentable e coherente.
Co obxectivo de experimentar e presentar alternativas prácticas para este cambio, o vindeiro 28 e 29 de novembro As Corcerizas acollerá a parte «Accións prácticas para o cambio» do Seminario de cambio climático que deu comenzo no mes de outubro.