Posteos etiquetados Fauna

Actividades Escolares: oferta especial de primavera!


Inscribe o teu centro educativo nas actividades escolares 2013! Adaptadas dende infantil ata bacharelato, con estadías de 1 a 3 días. Cada centro pode escoller entre as diferentes actividades propostas ou solicitar un programa «a medida». Ofertas especiais, consulta as TARIFAS:

Cubre as 50 plazas do bus e só vos custará 8 € por participante! Para estancias, en grupos de 25 participantes, con aloxamento, manutención e actividades:
2 días: 68€/persoa (inclúe 1 noite e 1 pensión completa)
3 días: 97€/persoa (inclúe 2 noites e 2 pensións completas)

Consulta as actividades propostas e o modo de inscrición!

Ler mais…

Continuamos con novas experiencias no Voluntariado en Espazos Naturais

Continuamos coas actividades de voluntariado no monte en As Corcerizas. Ademais da colaboración dos/as novos/as participantes no acondicionamente do contorno, unha vez mais disfrutamos de novas experiencias:

  • Na fin de semana do 17-19 de xuño aprendimos a recoñecer as especies de anfibios e reptís da Serra de San Mamede, construindo un refuxio somentes de pedras con ramas. Pinchade para ver as fotografías.
  • Na fin de semana do 24-26, a actividade de sensibilización sobre a xestión forestal sostible completouse coa explicación e inicio dun asentamento de formigueiros como medida de control biolóxico e mellora da biodiversidade do monte. Tamén tedes dispoñibles as fotos das actividades.

Coñecer o noso contorno é o primeiro paso para amalo e conservalo. Agradecemos a Alberto Ribero e Xosé Santos a súa colaboración para achegarnos un pouco mais a esta finalidade!

Seminario Estatal «Cambio Climático e Biodiversidade. Impactos e Solucións» (PRAZAS CUBERTAS)

Amigos de la Tierra e a Fundación Biodiversidad traballamos durante 2010 e 2011 no proxecto Modelización del impacto del cambio climático sobre la biodiversidad vegetal ibérica. Este traballo pretende predecir mediante simulacións estadísticas cál será o impacto do cambio climático sobre a distribución potencial dunha mostra representativa da flora da Península Ibérica.

Co obxecto de dar a coñecer os resultados do proxecto, outros similares e profundizar nos debates sobre metodoloxías, políticas, xestión e solucións ao problema, os días 9 e 10 de abril levaremos a cabo estas xornadas en As Corcerizas, como punto de encontro de axentes do mundo ambiental, académico e do público en xeral.

Contaremos con recoñecidos/as ponentes e excelentes comunicadores/as, consulta o Programa do Seminario e apúntate canto antes!

As xornadas, financiadas pola Fundación Biodiversidad, son gratuítas para os/as participantes, e as plazas son limitadas. Inclúe aloxamento e manutención.

Ler mais…

II Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna

Amigos da Terra convídavos a participar nas II Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna o vindeiro 14 de marzo.

Mentres que observar a vexetación é sinxelo, xa que esta forma parte imprescindible da paisaxe, a observación directa da fauna salvaxe no seu medio natural é moito máis complexa, de aquí que un dos métodos máis utilizados polos/as naturalistas, sexa a búsqueda e o estudo dos rastros e pegadas dos animais.

Nesta xornada daremos a coñecer de xeito práctico a actividade dos animais no seu propio medio, á vez que aprenderemos a observar con detemento escenarios, restos e indicios que deixan ao seu  paso.

Se ademais queredes aproveitar a fin de semana na Serra San Mamede, Amigos da Terra ofrece servizo de albergue o sábado pola noite.

Ler mais…