Este ano levaremos a cabo en As Corcerizas os campamentos de verán de Greenpeace, que levan xa 15 anos desenvolvéndose en distintos lugares de referencia.

Os campamentos de Greenpeace teñen como pilares fundamentais a paz, a tolerancia, a igualdade e a loita por un futuro verde; valores que comparte con Amigos da Terra e que convertirán este campamento nunha experiencia especialmente inesquecible e positiva para os/as nenos/as.

Están dirixidos a «Xóvenes en Acción», de 12 a 17 anos, repartidos en quendas de 10 días durante todo o mes de xullo.

Ampliar información