Posteos etiquetados Biodepuración
(Galego) Tratamentos biolóxicos de augas residuais: curso práctico [NOVAS CONDICIÓNS DE HORARIOS E PREZOS]
abr 15
Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Galego.
10 anos compartindo alternativas! celébrao con nós
sep 17
Dende Amigos da Terra convidámoste a compartir con nós un momento moi especial:
O 10 ANIVERSARIO DE AS CORCERIZAS!
Achégate a As Corcerizas a fin de semana do 29-30 de setembro, e disfruta das actividades ambientais e obradorios dunha programación lúdica e participativa (esperamos a túa aportación!). E pola noite… festa rachada, música e lembranzas!
Biodepuración de augas. Xornada teórico-práctica
may 2
O vindeiro 26 de maio Amigos da Terra levará a cabo en As Corcerizas unha Xornada teórico práctica sobre Biodepuración de augas.
A través de persoal técnico especializado, se exporán as bases da Fitodepuración e se presentarán alternativas viables, como o Filtro de Macrofitas en Flotación e Microorganismos Efectivos, para a depuración de augas.
Un Xornada sen dúbida interesante para particulares, empresas e Administración pública.
Apúntate aos novos cursos e actividades nesta primavera
mar 20
Dende Amigos da Terra adiantámosvos o programa de accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera. Cada curso será convocado e detallado coa información precisa, pero podedes facer unha pre-reserva enviando un correo a info@ascorcerizas.com coa vosa solicitude.
Ademais poderedes disfrutar dun programa de educación ambiental e lecer na natureza, «Roteiros para a Xuventude», con actividades de sendeirismo, orientación, coñecemento etnográfico e balneario! Máis información dos Cursos e actividades nesta primavera.
Reserva datas e apúntate canto antes!- Inclusión do enfoque de sostibilidade ambiental nos proxectos de Cooperación, 14-15 de abril
- Cociña ecolóxica local. Transición cara unha alimentación sana e sustentable, 5-6 de maio
- Xornadas de Biodepuración: sistema F.M.F. e microorganismos eficientes, 26-27 de maio
- Carpintería en Bioconstrución, 9-10 de xuño
Curso avanzado de Bioconstrución e Monográfico sobre Cal. PRAZAS CUBERTAS
sep 6
Formación dirixida a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, calidade ambiental, etc.
40 horas presenciais. Certificado de asistencia.
Prazas Limitadas!
Cursos financiados pola rede de Amigos de la Tierra
Podes inscribirte na formación completa ou participar só nun dos cursos:
Curso de Bioconstrución, 20 horas
- Módulo 1 – Sistemas construtivos e materiais (15h.): 30 Setembro, 1 e 2 de Outubro
- Módulo 2 – Térmica do edificio (5h.): 7 de Outubro
Monográfico de Rehabilitación e Construción con Cal, 20 horas
- Módulo Teórico – Por que o emprego de cal nos edificios? Aplicacións e beneficios do emprego da cal na construción e rehabiltación
- Módulo Práctico – Elaboración de morteros de cal; revocos exteriores e interiores; solos de cal
Consulta os contidos e condicións de inscrición: