120814_summer_campEsta semana santa Amigos da Terra ofreceche un plan diferente en As Corcerizas, con actividades baseadas no benestar, equilibrio e intelixencia emocional. É momento de adquirir as habilidades que precisamos para vivir en sociedade e crear comunidade, apúntaste a descubrilas? Coa colaboración de María Martínez, especialista en terapia breve centrada en solucións, gabinete ANDARES, afondaremos en fórmulas para unha comunicación asertiva e para sintonizar e entrar en armonía cos demais sen perder o noso ritmo.

Tamén propomos un roteiro pola Serra de San Mamede, potenciando o contacto coa natureza como ferramenta imprescindible para o noso benestar.

PREZO ESPECIAL DE XÓVES A DOMINGO: 75 euros; 65 euros para socios/as de Amigos da Terra.    Tamén poderás conformar o teu propio plan «a medida» e apuntarte ao que máis che interesa!

  • PROGRAMA DE ACTIVIDADES
  • TARIFA COMPLETA: 75€; 65€ para socios/as. Inclúe o aloxamento os 4 días e as actividades
  • TARIFAS PARA FACER O TEU PROPIO PLAN (prezos individuais; inclúen o i.v.e.):

Aloxamento: 15 euros cada noite

Obradoiro con ANDARES: 20 euros toda a xornada do venres (12h. a 20h.)

Roteiro ambiental: 15 euros toda a xornada do sábado (11h. a 18h.)

  • INSCRICIÓNS: envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com antes do día 25 de marzo e poñeremonos en contacto contigo!

Inscrición semana santa formato .odt

Inscrición semana santa formato .doc

  • MÁIS INFORMACIÓN: info@ascorcerizas.com ou no 986 229 089