Archivos de marzo, 2013

(Galego) Apúntate aos cursos desta primavera!

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Galego.

Activismo na Serra de San Mamede

Activismo Serra de San MamedeDando continuidade ás accións de revalorización e recuperación do monte levadas á cabo por Amigos da Terra no entorno de As Corcerizas nos últimos anos; propomos, para o vindeiro 16 e 17 de marzo, un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede:

Roteiro nocturno, obradoiro de recuperación ambiental, plantación e ecovixiancia en zonas afectadas polo AVE e xogos de orientación, serán algunhas das actividades previstas.

Consulta a Programación e reserva praza!

Ler mais…

Como convivir cunha mesma e en comunidade? apúntate a descubrilo!

120814_summer_campEsta semana santa Amigos da Terra ofreceche un plan diferente en As Corcerizas, con actividades baseadas no benestar, equilibrio e intelixencia emocional. É momento de adquirir as habilidades que precisamos para vivir en sociedade e crear comunidade, apúntaste a descubrilas? Coa colaboración de María Martínez, especialista en terapia breve centrada en solucións, gabinete ANDARES, afondaremos en fórmulas para unha comunicación asertiva e para sintonizar e entrar en armonía cos demais sen perder o noso ritmo.

Tamén propomos un roteiro pola Serra de San Mamede, potenciando o contacto coa natureza como ferramenta imprescindible para o noso benestar.

PREZO ESPECIAL DE XÓVES A DOMINGO: 75 euros; 65 euros para socios/as de Amigos da Terra.    Tamén poderás conformar o teu propio plan «a medida» e apuntarte ao que máis che interesa!

Ler mais…