Desafío Solidario: 1000 árbores para a Serra de San Mamede
O vindeiro 2 de marzo xuntarémonos para a plantación de 1000 árbores autóctonas nas proximidades de As Corcerizas.
A primavera pasada socios/as e voluntarios/as de Amigos da Terra colaboramos no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012; un evento deportivo organizado anualmente por Cruz Vermella Maceda e a Asociación Deportiva e Cultural Vía XVIII, que o ano pasado año puso o seu enfoque na oleada de lumes que arrasou en 2011 a Serra.
Repoboaremos 1 hectárea enteira de terreo!
Chegou pois o momento de achegarse ao monte:
Piñeiros silvestres, bidueiros, carballos e acivros serán algunhas das especies autóctonas que, pola súa adaptación ao clima e á altitude da zona, serán plantadas no monte comunal de Castro de Escuadro, ao pe da Serra de San Mamede.
Dende Amigos da Terra propomos a maiores, unha vez rematada a plantación, facer un roteiro ata o alto da Serra para disfrutar da paisaxe invernal da montaña en boa compañía.
Se estades interesados/as en colaborar poñédevos en contacto coa asociación para concretar as cuestións organizativas.
Data: 2 de marzo
Lugar: Serra de San Mamede. Monte Comunal de Castro de Escuadro, proximidade de As Corcerizas.Confirmación de asistencia e máis información en :
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
988 374 318
Fagamos da Serra de San Mamede un espazo cada día máis vivo!
Los comentarios estan cerrados.
about 9 years ago
A Galería de fotos da actividade a podedes consultar neste enlace:
https://plus.google.com/photos/109725791898713110979/albums/5852593635326933185?gpinv=AMIXal_5WFhVBy5uhx2UT_Ihqf0lSLCYBG19HOwmEOSUTQtLrBIXOcdZSdpwUFKfdGbOdd1_ZlQwosvq9ciwlZl2Z5eF3JfGh-lBCT0Wd6tj7bEGTKMtf6M&authkey=CL-bndWGrJPBWw&cfem=1
Gracias a Florence e Brais polas fotografías e a todos/as os/as voluntarios/as polo inestimable traballo feito na Serra.