Archivos de octubre, 2012

Posta en marcha dos Programas Escolares 2012-2013!

Ábrese o prazo de inscrición para as actividades escolares!

Cada centro educativo poderá escoller entre 3 Programas diferentes segundo o tema de interese, a desenvolver nos meses de marzo a xuño.

– ProxectoTerra
– Alimentos Quilometricos
– Sentir, coñecer, actuar

Os Programas está dirixidos a alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos

Ler mais…

Related Images:

Curso de Sistemas eficientes de calefacción: Muro Radiante con Barro

A fin de semana do 27-28 de outubro levaremos a cabo un curso sobre sistemas eficientes de calefacción, no que realizaremos na práctica 2 muros radiantes con barro crú, mecanismo que permite unha captación corporal de temperatura superior que nos solos radiantes.

Trátase dun sistema moi eficiente, que funciona a baixa temperatura (35-40ºC), de doada combinación con enerxías renovables e moi saudable pola transpirabilidade do barro. Imparte a formación Guido Tomasini, artesano e bioconstrutor.

Ler mais…

Related Images:

Momentos vividos, momentos compartidos

Pasada a data simbólica da celebración do 10º Aniversario queremos agora compartir con todos/as vós, algúns dos momentos desta grata fin de semana asi como unha visión da traxectoria do proxecto dende os seus inicios ata a data presente. Disfrutade coa:

Galeria de fotos: 10 anos As Corcerizas
Video: Aniversario de As Corcerizas. 10 anos compartindo alternativas

Sabemos que, a pesar de formar parte  importante do proxecto, non están todos/as os/as que son; pero é que son milleiros de fotos, voluntarios/as, participantes, actividades…
Gracias pola enerxía e confianza aportada… e xa sabedes, vémonos na Serra!

Related Images: