Esta fin de semana Amigos da Terra convidou a un grupo de catorce persoas a participar nunha xornada dobre en As Corcerizas, na que se incluiu formación na campaña Alimentos Kilométricos e accións de voluntariado.

Destacou a colaboración no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012, un evento deportivo na que parte dos cartos acadados se destinarán á reforestación da Serra de San Mamede, zona moi afectada polos lumes do pasado outono.

 

  • A actividade do sábado estivo centrada na campaña de Alimentos Kilométricos, en colaboración coa Fundación Biodiversidad. Coñecemos novos datos e debatimos sobre o impacto do actual modelo agroalimentario, das posibles alternativas, e mostramos as dinámicas e actividades que desenvolvemos no marco desta campaña, aproximando ás/aos participantes ferramentas útiles como xogos e dinámicas, que elas/es poderán empregar para difundir os contidos tratados. Tamén se proxectou un vídeo sobre consumo que nos axudou a conectar esta campaña con outros problemas ambientais.
  • De xeito complementario, os/as voluntarios/as colaboraron en actividades do centro: preparar xabón con aceite usado, refacer un composteiro, limpar e acondicionar cunetas, e como non, preparar a cea en conxunto!

  • O domingo colaboramos coa difusión de información, a atención e o avituallamento das/os máis de 250 participantes do Desafío Solidario 2012. O tempo acompañou á xornada e, unha vez rematado o evento, xuntámonos en Castro de Escuadro para gozar todas e todos dun merecido xantar.

Moitas gracias a todas e todos pola colaboración e por esta fantástica fin de semana!

Coa colaboración: