Archivos de mayo, 2012

Participa na xornada «O rural que queremos»!

Amigos da Terra participará este vindeiro sábado 2 de xuño na primeira xornada “O rural que queremos”, unha iniciativa da Comunidade de Montes do Salgueiral coa colaboración do Concello de Pontevedra.

O obxectivo da xornada é o de ofrecer un espazo de encontro, diálogo e exposición da diversidade de iniciativas privadas que están contribuíndo a activar e conservar os recursos específicos do rural.

Aportaremos a experiencia do traballo que se desenvolve en As Corcerizas en conxunto coa Comunidade de Montes de Arnuide, para a recuperación e conservación da Serra de San Mamede.

Consulta o programa da xornada e apúntate!

triptico o rural que queremos

 

As Corcerizas no boletín do CENEAM

Durante o mes de maio, As Corcerizas ocupou un espazo de relevancia na Carpeta informativa do Centro Nacional de Educación Ambiental CENEAM, un boletín electrónico mensual que constitúe un completo e práctico ficheiro de recursos en temas ambientais. Podedes consultar a reportaxe sobre As Corcerizas na sección ¿Quién es quién?, un espazo que adican a colectivos, entidades e institucións que traballan en educación ambiental.

O CENEAM é un centro de referencia en Educación Ambiental que leva máis de 20 anos traballando para promover a responsabilidade da cidadanía en relación ao medio ambiente. Parabéns polo aniversario!

 

Vente de campamento con Amigos de la Tierra!

Este verán poderás apuntar aos/ás teus/túas nenos/as ao Campamento ecolóxico de Educación Ambiental organizado polo grupo de Amigos de la Tierra Comunidad de Madrid.

Combinaremos as alternativas que ofrece As Corcerizas coa experiencia da asociación en campamentos de educación ambiental, actividades de lecer e multiaventura. Unha oportunidade para a convivencia de rapaces/zas de distintos territorios do Estado español, e na montaña!

  • DATAS: 2 a 11 de agosto
  • IDADES: 8 a 16 anos
  • PREZO: 287€ para socios/as; 331€ para non socios/as

Máis información e inscricións:

amigos@tierramadrid.org; 91 697 34 22 – 678 481 037

Formación, voluntariado e convivio en As Corcerizas

Esta fin de semana Amigos da Terra convidou a un grupo de catorce persoas a participar nunha xornada dobre en As Corcerizas, na que se incluiu formación na campaña Alimentos Kilométricos e accións de voluntariado.

Destacou a colaboración no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012, un evento deportivo na que parte dos cartos acadados se destinarán á reforestación da Serra de San Mamede, zona moi afectada polos lumes do pasado outono.

Ler mais…

Inscríbete ao Curso de Carpintería en Bioconstrución

Os días 9 e 10 de xuño levaremos a cabo unha acción formativa na que se transmitirán coñecementos, criterios e recursos prácticos que nos introducirán no mundo da carpintería de bioconstrución; capacitándonos para construir estruturas lixeiras e aplicar tratamentos e acabados na madeira.

O curso está dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, etc.

Imparte a formación André Calvo, profesional da carpinteiría e a bioconstrución.

Ler mais…

Biodepuración de augas. Xornada teórico-práctica

Sistema de biodepuraciónO vindeiro 26 de maio Amigos da Terra levará a cabo en As Corcerizas unha Xornada teórico práctica sobre Biodepuración de augas.

A través de persoal técnico especializado, se exporán as bases da Fitodepuración e se presentarán alternativas viables, como o Filtro de Macrofitas en Flotación e Microorganismos Efectivos, para a depuración de augas.

Un Xornada sen dúbida interesante para particulares, empresas e Administración pública.

Ler mais…