Archivos de abril, 2012
Participa no curso práctico de Cociña ecolóxica e local (Completo)
abr 16
Os días 5 e 6 de maio levaremos a cabo o curso práctico de cociña ecolóxica. Nesta II edición achegarémonos máis a unha alimentación local e de tempada, centrándonos en alternativas para combinar os alimentos e obter a enerxía que precisamos na estación de primavera.
Coñeceremos os impactos que provocan os alimentos que percorren miles de quilómetros mentres cociñamos alternativas e coñecemos novas recetas.
Contaremos coa colaboración da especialista en cociña natural Gloria Domecq.
O curso está dirixido a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, empresa, etc., interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.
Roteiros para a Xuventude. Educación ambiental e lecer
abr 2
“Roteiros para a Xuventude” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.
As Corcerizas sitúase dentro do Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000. A súa localización en plena montaña, a 1.100m. de altura, constitúe un recurso ideal para a desconexión, relaxación e posta en acción de actividades de natureza e lecer.
En As Corcerizas – Serra de San Mamede están previstas as seguintes datas para os roteiros:
- Abril: 21-22
- Maio: 12-13 e 26-27
- Xuño: 9-10