Presenza de Amigos da Terra no Salón Bioatlantic
Amigos da Terra estará presente en Vigo os vindeiros 30 de setembro 1 e 2 de outubro no Salón Bioatlantic, un espazo de difusión e encontro sobre Bioalimentacion, Bioenerxías e Bioconstrución.
O proxecto está estructurado nun salón con numerosos expositores, un programa de conferencias divulgativas e o desenvolvemento do «I Foro Atlántico de Desarrollo Sostenible», un evento que se perfila como punto de encontro entre os expertos do sector e un espazo no que se reúnan os protagonistas do desenvolvemento sostible.
Dende a Asociación participaremos aportando unha visión global, práctica e ecoloxista dos temas centrais do evento; presentando nunha comunicación o proxecto de As Corcerizas, e difundindo información sobre bioconstrucción, transxénicos e xestión de residuos nun posto informativo no que tamén divulgaremos as actividades de Amigos da Terra.
HORARIO:
DÍA 30 Setembro e 1 de Outubro: de 10.30 h a 20.00h
DÍA 2 de Outubro: De 10.30h a 19.00 h
LUGAR:
Auditorio Palacio Congresos Mar de Vigo
Avda. Beiramar s/n 36202 Vigo
PREZOS:
Entrada ao Salón: 5€ en taquilla e 3€ solicitando desconto na web (ate o mércores 28)
Asistencia ao Foro (previa inscrición): 3€ por 1 día; 5€ os 2 días (inclúe visita ao salón)
Los comentarios estan cerrados.
about 10 years ago
Para todas as persoas interesadas comentar que a vindeira fin de semana a rede galega de sementes organiza en Redondela o III encontro de sementes.
A actividade terá lugar o sábado 8 de outubro, na alameda de Redondela, a partir das 10:30 horas.
Máis información e programa en :
http://redegalegadesementes.wordpress.com