Curso práctico de Educación Ambiental. Aberto o prazo de inscrición!
Durante a fin de semana do 22 e 23 de outubro, dende Amigos da Terra levaremos a cabo unha nova actividade formativa no eido da educación ambiental, coa que pretendemos poñer en valor a súa potencialidade.
A través deste curso aportaremos coñecementos, ferramentas e estratexias aos/ás asistentes para ser transmisores/as de aptitudes, coñecementos e valores; capaces de producir nos seus receptores/as cambios actitudinais que lles fagan ser máis respectuosos/as co medio, xustos/as, críticos/as e conscientes das súas actuacións.
Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas.
Datas: 22-23 de outubro de 201
Horario: o curso dará comezo o sábado 22 ás 10.00h e rematará o domingo 23 ás 19.30h
Prezo: 70 €; 55€ para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe matrícula, aloxamento e alimentación procedente de agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.
Destinatarios/as: educadores/as ambientais, monitores/as e directores/as de tempo libre, docentes e calquera persoa, asociación, cooperativa, empresa interesada nos obxectivos do curso.
Obxectivos
- Transmitir a relevancia da educación ambiental como motor de cambio.
- Achegar coñecementos, aptitudes e ferramentas para incorporar a compoñente ambiental en actividades e programas educativos.
- Capacitar para a creación de recursos didácticos empregados nas actividades de educación ambiental.
- Facilitar estratexias e ferramentas para o guiado de grupos.
Contidos
Bloque 1
- Bases metodolóxicas da educación ambiental.
- O papel do/a educador/a ambiental.
- Deseño de recursos e materiais.
- Modalidades e técnicas de avaliación.
Bloque 2
- Recursos prácticos para a educación ambiental.
- Actividades en equipamentos de Educación Ambiental.
- Actividades nun entorno natural.
- Realización de casos prácticos.
Inscricións:
Envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo. As plazas son limitadas!
Esta actividade está financiada pola Rede de Amigos de la Tierra
Los comentarios estan cerrados.
about 10 years ago
-Boas tardes, apunteime ó voso curso e aínda que son de Ourense tamén resido en Santiago de Compostela e, neste caso, non dispoño do coche para esta fin de semana, por iso me gustaría que se alguén o vai levar, desde Santiago ou algunha zona intermedia (Lalín, Ourense…) me avisase, para comparti-los gastos e traxecto. Graciñas