Curso avanzado de Bioconstrución e Monográfico sobre Cal. PRAZAS CUBERTAS
Formación dirixida a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, calidade ambiental, etc.
40 horas presenciais. Certificado de asistencia.
Prazas Limitadas!
Cursos financiados pola rede de Amigos de la Tierra
Podes inscribirte na formación completa ou participar só nun dos cursos:
Curso de Bioconstrución, 20 horas
- Módulo 1 – Sistemas construtivos e materiais (15h.): 30 Setembro, 1 e 2 de Outubro
- Módulo 2 – Térmica do edificio (5h.): 7 de Outubro
Monográfico de Rehabilitación e Construción con Cal, 20 horas
- Módulo Teórico – Por que o emprego de cal nos edificios? Aplicacións e beneficios do emprego da cal na construción e rehabiltación
- Módulo Práctico – Elaboración de morteros de cal; revocos exteriores e interiores; solos de cal
Consulta os contidos e condicións de inscrición:
Imparten a formación:
- Guido Tomasini, artesano e bioconstrutor
- Suso López Taboada, Montaxes Lagoa-enerxías renovables
- Monique Cerro, especialista en restauración de construcións antigas, asociación Oïkos información, formación e educación en Eco-construción, Francia
- Romain Denisot, responsable de formación e técnico en Eco-construción, asociación Oïkos información, formación e educación en Eco-construción, Francia
- Ana Belén Albo López, responsable de área técnica de FAIMEVI, Fundación Axencia Intermunicipal da enerxía de Vigo
- Paula Vidal, responsable de formación en Amigos da Terra
Curso de Bioconstrución, 20h. Contidos:
Módulo 1 – Sistemas construtivos e materiais (15h.): 30 Setembro, 1 e 2 de Outubro
- Introdución: Bioconstrución, Enerxías Alternativas e Xestión de Residuos.
- Concepto de Pegada ecolóxica.
- Principios de bioconstrución
- Materiais de bioconstrución: Análise do Ciclo de Vida (ACV) e criterios de selección
- Sistemas construtivos e técnicas
- Aplicación práctica: estudio de caso e análise comparativa de diferentes solucións técnicas
Módulo 2 – Térmica do edificio (5h.): 7 de Outubro
- Sentirse cómodo/a a nivel térmico
- Pérdidas térmicas
- Estratexias de eficiencia térmica
– Illamento
– Estanqueidade do aire
– Regulación higrométrica do edificio
- Indicadores de eficiencia térmica dos materiais
- Rehabilitación térmica e Casas pasivas
- Marco legal sobre a eficiencia enerxética en edificios
Monográfico de Rehabilitación e Construción con Cal, 20h. Contidos:
Curso práctico: 8 e 9 de Outubro
MÓDULO TEÓRICO
Por que o emprego de cal nos edificios? Aplicacións e beneficios do emprego da cal na construción e rehabiltación
Contidos a tratar
• Funcionamento higrotérmico dos edificios antigos
• Química da cal
• Proceso de fabricación da cal
• Características da cal
• Usos da cal
• Elaboración de morteiros de cal:
-para remates
-para planchadas
-con función illante
-con función de corrección térmica
MÓDULO PRÁCTICO
Elaboración de diversos tipos de morteiros de cal, en función dos uso e condicións, e de pinturas
•Elaboración de morteiros
-composición
-ferramentas
-condicións climáticas
-usos
• Aplicación dos diferentes morteiros
• Pintura con cal “ao fresco”
Datas e Horarios:
Curso Bioconstrución Módulo 1: Recepción e aloxamento o venres 30 de setembro a partir das 20.30h.; remate o domingo ás 19.30h.
Curso Bioconstrución Módulo 2: Venres 7 de outubro en horario de 16.00h. a 21.00h.
Monográfico de Cal: sábado 8 de outubro inicio ás 9.30h.; remate o domingo ás 21.00h.
Prezos:
- Prezo conxunto do Curso de Bioconstrución e Monográfico de cal: 200€; 175€ para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe a matrícula, o aloxamento e a manutención, con alimentos de produción ecolóxica local e comercio xusto na medida do posible, das dúas fins de semana.
- Prezos por separado:
- Curso de Bioconstrución: 120€; inclúe matrícula, aloxamento e manutención (cea do día 30 por conta propia). Opción só matrícula 75€ (aloxamento e manutención por conta propia).
- Monográfico de cal: 120€; inclúe matrícula, aloxamento e manutención. Opción só matrícula 75€ (aloxamento e manutención por conta propia)
Envía a túa inscrición:
Máis información:
986 125 171
info@ascorcerizas.com
Envía a tarxeta e axúdanos a difundir o curso!
Los comentarios estan cerrados.
about 11 years ago
Ola! Espero non chegar tarde pero, eu mais unha amiga saímos desde Vigo mañá, sábado, ás 7 e media da mañá… Loli, avisa se aínda non marchache!! Unha aperta!
about 11 years ago
Hola
Olvidé poner el telefono y correo…
Salgo de Madrid el viernes a mediodia, tengo sitio para tres.
Tlf 606923446
info@hamacas.org
Saludos
about 11 years ago
Hola
Voy al curso de bioconstrucción, salgo de Madrid el viernes a mediodia, tengo sitio para tres en el coche por si hay alguien quiere transporte.
Saludos
Carlos
about 11 years ago
Hola. Me han mandado un correo de As Corcerizas, comentando que una persona salia desde Madrid. Yo salgo desde un pueblo de Segovia, mañana al medio día y dispongo de 4 plazas, por si hay alguna persona más que esté interesada.
Nos vemos en As Corcerizas.
Salud.
Alberto
Téléf. 626342697
about 11 years ago
Hola, saio desde Vigo, ainda non sei se o venres ou o sábado. Pódome adaptar. Alguén quere compartir viaxe?
Saúdos, Loli
about 11 years ago
Marcos (Gay), eu tamen saio o venres dende A Coruña (cidade) e estarei encantada de ires contigo se queres levar o coche, eu agradezo non ter q conducir ata Corcerizas, e prometo dar conversa ;D
Enviame correo e quedamos: carolinamargar@gmail.com
about 11 years ago
o venres saio dende a Coruña no meu coche, alguén quere compartir a viaxe? non me importa deixar o meu coche?
Saúdos, Marcos.
about 11 years ago
Boas. Eu irei ao curso de Bioconstrución ás Corcerizas para estar o sábado 1/out ás 10. Vou desde Monforte (paso por Ourense). Se alguén quere transporte, teño sitio para catro. Podedes enviarme un correo a ferreira@ciberirmandade.org
about 11 years ago
Ola, soa moi interesante, fan faia este tipo de iniciativas, difundireino.
Quería tamen saber se para o Monográfico de rehabilitación e construcción con cal, a matricula inclue a noite do día 7 ao 8, ou cando sería a recepción/incorporación.
Saudos!
about 11 years ago
Boa tarde Mercedes,
agradecidas polo teu interese.
Para estar ao corrente das actividades que desenvolvemos ao longo do ano en As Corcerizas, o máis práctico é estar adherida á nosa «Lista de correo», a través da cal informamos dos cursos, xornadas, programas que levamos a cabo no Centro.
Recibirás un correo informando da túa adhesión.
Un saúdo e ate pronto!
Un saúdo
about 11 years ago
Me alegro de conoceros y enhorabuena por vuestro proyecto. Os agradecería que me enviaseis información de los cursos que vais a realizar este año.
un saludo