Compartimos os resultados do curso de construción con barro!
Nesta pasada fin de semana disfrutamos á vez que nos capacitamos nesta forma de construir e rehabilitar edificacións, co obxectivo de actuar dende a nosa vida cotiá, os nosos proxectos, e poder difundir con argumentos esta alternativa á construción convencional.
Para Amigos da Terra ser referentes no ecoloxismo non é mais que demostrar a viabilidade de todas as alternativas que defendemos como asociación e que demostran unha vez máis que o que antes se definía como utopía pode ser unha nova realidade.
Agradecemos especialmente a Guido Tomasini a oportunidade de mostrarnos todas as posibles técnicas do manexo deste material e de sumerxirnos neste apaixonante mundo.
Ademais das explicacións, preparación das diferentes masas de barro e demais materiais, levamos á práctica principalmente 4 técnicas de construción con barro cru:
- Trenzado con avelaira e revoco con barro para tabiquería interior
- Realización de ladrillos
- Tapial, construción de muros de carga
- Revocos con distintos tipos de barro e proporcións de materiais
Neste enlace podedes ver todas as fotos do curso!
Los comentarios estan cerrados.
about 11 years ago
upss! no enlace que incluin na nova…
about 11 years ago
Neste enlace podedes ver todas as fotos do curso!