Archivos de junio, 2011

Comeza o campamento de verán co Concello de Pontevedra

Damos comenzo ao campamento de verán co Concello de Pontevedra dentro do programa PONTEVERÁN 2011 da Concellaría de Xuventude, no que participaran un total de 51 nenos/as de entre 8 e 14 anos.

Durante 10 días nenos e nenas disfrutarán dunha gran variedade de actividades lúdicas e educativas dentro dun entorno privilexiado coma é o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, descubrindo a través de xogos e dinámicas de grupo, de xeito lúdico e divertido, o fascinante entorno da serra; realizarán actividades en contacto coa natureza, desenvolvendo a sensibilidade que permite identificar os valores humanos e de convivencia na mesma.

Ademais terán a oportunidade para a recreación e o esparexemento, onde os/as nenos/as aprenderán e interactuarán coa natureza dunha forma ordeada e amigable.

Continuamos con novas experiencias no Voluntariado en Espazos Naturais

Continuamos coas actividades de voluntariado no monte en As Corcerizas. Ademais da colaboración dos/as novos/as participantes no acondicionamente do contorno, unha vez mais disfrutamos de novas experiencias:

  • Na fin de semana do 17-19 de xuño aprendimos a recoñecer as especies de anfibios e reptís da Serra de San Mamede, construindo un refuxio somentes de pedras con ramas. Pinchade para ver as fotografías.
  • Na fin de semana do 24-26, a actividade de sensibilización sobre a xestión forestal sostible completouse coa explicación e inicio dun asentamento de formigueiros como medida de control biolóxico e mellora da biodiversidade do monte. Tamén tedes dispoñibles as fotos das actividades.

Coñecer o noso contorno é o primeiro paso para amalo e conservalo. Agradecemos a Alberto Ribero e Xosé Santos a súa colaboración para achegarnos un pouco mais a esta finalidade!

Últimas prazas para os campamentos de Amigos da Terra!!

Queres reservar un campamento de verán? Pois date prisa, aínda quedan prazas dispoñibles!!
Descarga aquí toda a información e reserva xa o teu campamento  con Amigos da Terra!

Será unha oportunidade para todos os nenos e nenas que desexen convertirse durante estas vacacións de verán en intrépidos/as exploradores; coa a axuda dos/as monitores, descubrirán os segredos máis ocultos da Serra de San Mamede.
O campamento se desenvolverá nun marco de convivencia, respeto, traballo en equipo e cooperación, cun divertido programa de actividades que combina xogos, xincanas, multi-aventura, obradoiros e dinámicas de grupo.

DATAS: 1 a 8 de agosto de 2011
IDADES: 8 a 11 anos e 12 a 15 anos
PREZO: 335 euros; 300 euros para socios/as de Amigos da Terra

Non deixes pasar a oportunidade para este verán!!
Inscríbete!!

(Data límite de inscrición: 11 de xullo)

Compartimos os resultados do curso de construción con barro!

Nesta pasada fin de semana disfrutamos á vez que nos capacitamos nesta forma de construir e rehabilitar edificacións, co obxectivo de actuar dende a nosa vida cotiá, os nosos proxectos, e poder difundir con argumentos esta alternativa á construción convencional.

Para Amigos da Terra ser referentes no ecoloxismo non é mais que demostrar a viabilidade de todas as alternativas que defendemos como asociación e que demostran unha vez máis que o que antes se definía como utopía pode ser unha nova realidade.

Agradecemos especialmente a Guido Tomasini a oportunidade de mostrarnos todas as posibles técnicas do manexo deste material e de sumerxirnos neste apaixonante mundo.

Ler mais…

Finaliza a edición 2010-2011 do Proxecto Terra en As Corcerizas

Coa visita do Ies Rodeira de Cangas o pasado 26 de maio, dámos por finalizadas as xornadas educativas en As Corcerizas dentro dos Intercambios territoriais previstos na programación do Proxecto Terra para curso 2010-2011.

Entre os meses de abril e maio case 200 escolares de 12 a 18 anos, chegados de diferentes pontos de Galicia, puideron comprobar en 1ª persoas as vantaxes e beneficios da bioconstrución e arquitectura bioclimática; tomando consciencia da diversidade e evolución das construcións e dos asentamentos no territorio galego.

Ler mais…