Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis nas IV Xornadas de Rastros e Sinais de Fauna que se celebrará o día 12 de xuño no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.

Esta xornada estará adicada aos hérpetos: anfibios e reptís, aportando toda a información necesaria para coñecer máis sobre a bioloxía e a conservación destas especies.

Nesta xornada non só trataremos cuestións coma: épocas reproductivas, postas, metamorfose, etc, senón que iremos máis alá, queremos “ coñecer para conservar” a este grupo de animais silvestres moi amenazados, non só pola acción do ser humano no seu desenvolvemento, senón polos factores do cambio climático que condicionan as diferentes etapas polas que pasan os anfibios e reptís.

Ademais ofertamos para o sábado pola noite, unha saída nocturna, a realización dun transecto para a identificación de anfibios, tanto visualmente coma por sinais indirectos (cantos).

Nesta saída poderemos identificar Alytes obstetricans, Hyla arbórea, Bufo calamita, e se temos sorte e somos pacientes algunha máis.

Obxectivos

Fortalecer os coñecementos dos/as participantes en aspectos taxonómicos, ecolóxicos, zooxeográficos, reproductivos, morfolóxicos e evolutivos dos anfibios e reptís.

Aprender técnicas de estudio e conservación para ambos grupos.

Contidos da xornada

  • Taxonomía en Anfibios e Reptís
  • Orixen e evolución dos Anfibios e Reptís
  • Adaptacións e características
  • Catálogo de especies españolas
  • Identificación de especies
  • Conservación de Anfibios y Reptiles (estado de conservación, factores de ameaza, especies invasoras, etc

Horario:

  • Sábado chegada a partir das 19:00 no albergue de As Corcerizas.
  • Domingo de 10:30 a 19:00 aproximadamente

Inscricións:

  • Nº de prazas limitadas
  • Prezo das xornadas de Rastros e Sinais da Fauna: 12 €
  • Prezo do albergue para o sábado: 11 €

Envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.come contactaremos contigo.

Related Images: