curso construcion barroOs días 28 e 29 de maio, Amigos da Terra e o experto artesano e bioconstrutor Guido Tomasini levaremos a cabo o curso de Construción e Rehabilitación con Barro

O barro é un dos primeiros materiais empregados pola humanidade para a construción, contando cunha serie de propiedades que o situan hoxe en día nun material de preferencia en bioconstrución.

Xunto a outros materiais que manexaremos no curso, como palla ou mimbre, a facilidade de extracción, preparación e emprego, facilita o uso do barro en proxectos de auto-construción.

O obxectivo deste curso é mostrar, a través da práctica, esta posible alternativa para poder levar a cabo construcións e actividades de rehabilitación con barro nos nosos propios proxectos (vivenda, local social, traballo, etc.)., aplicando diferentes técnicas con barro cru.

CONTIDOS DO CURSO:

Sábado pola mañá

  • Criterios básicos de bioconstrución, materiais e técnicas
  • Eficiencia enerxética e emprego de enerxías alternativas
  • Beneficios e usos da construción con barro

Sábado pola tarde e domingo todo o día

  • Posta en práctica das diferentes técnicas de construción con barro cru: muros macizos (tapial); paredes divisorias (aplicación da técnica de trenzado con mimbres de castiñeiro, avelaira e xesta); ladrillos, recubrimientos; chans; etc.

PREZO: 100 €; 85 € para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe a matrícula, o aloxamento e a manutención, con alimentos de produción ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:                               EN COLABORACIÓN:

986 125 171
info@ascorcerizas.com