Seminario Estatal «Cambio Climático e Biodiversidade. Impactos e Solucións» (PRAZAS CUBERTAS)
Amigos de la Tierra e a Fundación Biodiversidad traballamos durante 2010 e 2011 no proxecto Modelización del impacto del cambio climático sobre la biodiversidad vegetal ibérica. Este traballo pretende predecir mediante simulacións estadísticas cál será o impacto do cambio climático sobre a distribución potencial dunha mostra representativa da flora da Península Ibérica.
Co obxecto de dar a coñecer os resultados do proxecto, outros similares e profundizar nos debates sobre metodoloxías, políticas, xestión e solucións ao problema, os días 9 e 10 de abril levaremos a cabo estas xornadas en As Corcerizas, como punto de encontro de axentes do mundo ambiental, académico e do público en xeral.
Contaremos con recoñecidos/as ponentes e excelentes comunicadores/as, consulta o Programa do Seminario e apúntate canto antes!
As xornadas, financiadas pola Fundación Biodiversidad, son gratuítas para os/as participantes, e as plazas son limitadas. Inclúe aloxamento e manutención.
CONTIDOS
- A biodiversidade en España
- Impactos do cambio climático e biodiversidade
- Os marcos lexislativos do cambio climático e a biodiversidade: casos de estudo
- Biodiversidade e cambio global: aportando solucións
DATAS: 9 e 10 de abril. Posibilidade de recepción desde o día 8 a partir das 20h.
INSCRICIÓN: cubre a ficha de inscrición e remítea a info@ascorcerizas.com
O prazo de inscrición remata o día 4 de abril
![]() |
![]() |
Los comentarios estan cerrados.
about 11 years ago
Era para dicir que xa puxen online as fotos que fixen. Hai moita mal feita, pero tamén algunha boa.
http://public.fotki.com/jomasapi2007/as-corcerizas-20110410/
Calquera pode mandarme algunha mais, xq no servidor teño sitio de sobra…
about 11 years ago
Hola! Salimos de Coruña el Viernes sobre las 15 para ir as Corcerizas, nos sobra una plaza si alguien quiere venir contactar con nosotras
686614956 o 637199250