Grande afluencia das Comunidades de Montes ás Xornadas do 27 de febreiro
Pasadas as xornadas de «O monte como fonte sostible de recursos» podemos dicir que o balance é grandemente positivo.
No entorno das 45 persoas, das diferentes comunidades de montes e axentes implicados no entorno da Serra de San Mamede, déronse cita na mañá do pasado domingo en As Corcerizas, para recibir con atención e interese as valoracións e propostas previstas na programación.
Coa exposición da Guía para propietarios dos terreos eólicos por X. Simón, e as aportación e experiencia de Luis Miguel da Xunta da Galicia, mostráronse as áreas de desenvolvemento eólico que afectaban aos terreos das Comunidades de montes presentes; aportando datos de referencia, valorando posibilidades, e asesorando para que as relacións entre as CMMC e as empresas promotoras sexan os máis xustas e equilibradas posibles.
Gandeiros propietarios de explotacións na Serra acolleron con interese a presentación das experiencias prácticas das Cooperativas de Monte Cabalar e Penamá; reforzándose o valor da xestión integrada do monte coma fonte sustentábel de recursos coa ponencia de Xosé Santos, quen aportou unha visión alternativa aos usos convencionais do monte.
A xornada rematou pola tarde coa visita polo equipamento de As Corcerizas, demostrando a viabilidade dun proxecto educativo en coherencia e respecto polo Medio e os pobos que o rodean.
Agradecer á Fundación Juana de Vega a enteira disponibilidade e colaboración para a realización desta xornada divulgativa, na que foron tamén distribuidos exemplares da Guía entre todos/as os/as interesados/as
Los comentarios estan cerrados.
about 11 years ago
A Educación Ambiental con persoas adultas, e con sectores como as comunidades de montes, é fundamental para acadar cambios reais. Penso que esta é a estratexia máis interesante, gracias pola participación!
about 11 years ago
Excelente trabalho! Os meus parabéns a toda a equipa corceril!