Este ano As Corcerizas forma parte do Proxecto Terra, «un proxecto de cooperación co mundo da educación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (C.O.A.G.), dirixido ás distintas etapas de Educación Obrigatoria co obxectivo de contribuir a mellorar o coñecemento que os/as escolares deben ter da nosa arquitectura e da nosa Identidade Territorial».

Nos meses de abril e maio os centros educativos poderán participar das actividades de Amigos da Terra definidas no intercambio territorial de Allariz.

Entra na web do Proxecto Terra da C.O.A.G. e consulta o programa.