Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar

Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro

O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos, aplicación de metoloxías científicas, coñecemento do medio e cooperación.

As xornadas serán desenvoltas no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas e entorno do Macizo Central Ourensán

Contacta con nós en:

info@ascorcerizas.com
Telf: 988 374 318

  • Rúa da Concordia 20, 2º esquerda 32003 – Ourense
  • Rúa Policarpo Sanz, 17 – 1º D. 36202 – Vigo