III Xornadas de Micoloxía e boas prácticas no monte
Como todos os anos por estas datas, Amigos da Terra, presenta as “III Xornadas de Micoloxía e boas prácticas no monte” que se realizara o día 14 de novembro.
Contaremos coa colaboración de Juan José Martínez Álvarez, profesional da materia e presidente da Asociación Micolóxica Os Cogordos.
Será unha xornada onde combinaremos a parte teórica coa saída práctica ao monte, puidendo desfrutar dunha das actividades máis saudables e habituais nesta época.
Esta xornada nos servirá para recoñecer as setas e os fungos máis atractivos para a nosa gastronomía, así coma os tóxicos e perigosos, ademais de pasar un agradable e satisfatorio día.
O albergue de As Corcerizas estará dispoñible para todas as persoas que estean interesados/as en comezar a disfrutar antes da xornada micolóxica, do encanto da serra, coa actividade do roteiro ao Bidueiral de Montederramo e o posterior magosto. Para máis información desta alternativa pincha aquí.
Contidos das xornadas:
- Información sobre fungos e boas prácticas no monte.
- Recollida e recoñecemento por xénero, especie e hábitat, in situ.
- Realización dunha ficha técnica.
- Exposición dos fungos recollidos.
Materiais a levar:
- Guía de campo.
- Navalla.
- Cestiña ou caixa para levar os cogomelos.
- Xantar.
Lugar e Horarios:
- 14 de novembro con inicio da xornada ás 10:00 da mañá.
Inscricións:
- Nº de prazas: 30
- Prezo da xornada micolóxica: 10 €
- Prezo especial fin de semana: 30 € (almorzo do domingo incluído)
Los comentarios estan cerrados.
about 11 years ago
Bos días. Estou inscrita na xornada micolóxica do domingo, e gustaríame saber se habería posibilidade de de ir ata o albergue no coche de alguen que saia desde ourense. Eu vivo no parque de san lázaro.
Un coridal saudo.
Grazas.