Debido ao gran éxito das anteriores xornadas de rastros, desde a asociación queremos indagar máis no estudio da fauna, neste caso sobre o lobo e o teixugo. Co lema de “coñecer para conservar”, nos introduciremos unha vez máis nesta temática, para poder comprender e coñecer a estas dúas especies tan atacadas polo ser humano.

A interpretación dos diferentes rastros e sinais atopados, nos dará a información sobre comportamentos, perigos, hábitos alimentarios ou territorialidade dalgunhas das especies que forman parte dun ecosistema. Para iso, nestas xornadas introduciremos as novas tecnoloxías, utilizadas nos últimos anos como un dos principais eixes da investigación e o desenvolvemento.

Amigos da Terra convídavos a participar nas III Xornada de Rastros e Sinais da Fauna o día 23 e 24 de outubro no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.

Se ademais queredes aproveitar a fin de semana na Serra San Mamede, ofrecemos servizo de albergue o venres pola noite.
Contidos das xornadas:
·  Bioloxía e conservación do lobo e do teixugo.

·  Mécanismos non invasivos para o muestreo.

·  Novas tecnoloxías para o estudio de especies esquivas.

·  Saídas de campo prácticas con identificación in situ de rastros.

Non esquezades:
· Guía de campo.

· Lanternas e/ou frontais.

· Roupa de abrigo.

· Xantar para a ruta do sábado, cea, e almorzo para o domingo.

Lugar e Horarios:
·   23 e 24 de outubro con inicio da xornada ás 10:00 da mañá do sábado.

Inscricións:
·   Nº de prazas limitadas

·   Prezo das xornadas de Rastros e Sinais da Fauna: 25 € e 20 € para socios/as.

ficha de inscricion

ficha de inscricion

Related Images: