Archivos de octubre, 2010

Inscríbete no Curso de Interpretación do Patrimonio. Novo formato

Amigos da Terra organiza o curso APLICACIÓN DA INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO COMO ESTRATEXIA DE COMUNICACIÓN E INSTRUMENTO DE XESTIÓN, cun temario en base a cursos adaptados á Cualificación Profesional «Interpretación e Educación Ambiental», segundo o Real Decreto 1224/2009 de Recoñecemento das competencia laborais.

Entendendo a Interpretación do Patrimonio como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e o coñecemento do noso patrimonio.

Datas: 5-6-7 e 19-20-21 de novembro

Duración: 40 horas; máis posibilidade de prácticas en As Corcerizas

Prezo: 250 €; para socios/as de Amigos da Terra 230 €

Inclúe matrícula, aloxamento e manutención durante as dúas fins de semana

As plazas son limitadas

Consulta os Contidos do Curso

E inscríbete cubrindo a ficha e remitíndoa a info@ascorcerizas.com

Data límite de inscrición: 2 de novembro

ficha inscricion_formato odt

ficha inscricion_formato doc

Related Images:

Estudantes de secundaria achéganse ao voluntariado ambiental en As Corcerizas

O Centro acolle ata o próximo día 28, un curso de voluntariado ambiental no que participan alumnos/as do Instituto de Educación Secundaria “O Castro”  de Vigo. Durante catro xornadas, este grupo de mozos/as adquirirán unha visión integral da problemática ecosocial, capacitándoos para abordala e actuar dende dous eixes: que poden facer cada un deles, e como poden incidir na sociedade, utilizando sempre o papel do voluntariado como motor de cambio. Ler mais…

Related Images:

O lobo e o teixugo. Bioloxía e conservación

Debido ao gran éxito das anteriores xornadas de rastros, desde a asociación queremos indagar máis no estudio da fauna, neste caso sobre o lobo e o teixugo. Co lema de “coñecer para conservar”, nos introduciremos unha vez máis nesta temática, para poder comprender e coñecer a estas dúas especies tan atacadas polo ser humano.

Ler mais…

Related Images: