Dado o gran éxito das anteriores xornadas de rastros, Amigos da Terra organiza as III Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna, que terán lugar o vindeiro día 27 deste mes no Centro.

Dende a asociación queremos indagar máis nos métodos non invasivos existentes para a detección de especies esquivas, especialmente o lobo e o teixugo. Métodos, inofensivos para os animais, e que nos permiten coñecer mellor o comportamento destas especies no seu medio natural.

A interpretación dos diferentes rastros e sinais atopados nos dará información importante sobre comportamentos, perigos, hábitos alimentarios ou territorialidade dalgunhas das especies que forman parte dun ecosistema, neste caso, o lobo e o teixugo. Por este motivo, nesta xornada utilizaremos as novas tecnoloxías, utilizadas nos últimos anos como un dos principais eixes da investigación e o desenvolvemento.

Se ademais queredes aproveitar a fin de semana na Serra San Mamede, Amigos da Terra, ofrece servizo de albergue o sábado pola noite coa posibilidade de facer unha espera ao anoitecer e poñer en práctica algunhas técnicas de muestreo nocturnas.

  • Contidos das xornadas:

·  Etoloxía do lobo e do teixugo

·  Mecanismos non invasivos para o muestreo

·  Novas tecnoloxías para o estudio de especies esquivas
·  Saída de campo práctica

  • Non esquezades:

·    Guía de campo
·    Xantar.

  • Lugar e Horarios:

·    27 de xuño con inicio da xornada ás 10:00 da mañá

  • Inscricións:

·    Prazas limitadas
·    Prezo da xornada de Rastros e Sinais da Fauna: 12 €

Ficha de inscrición formato doc

Ficha de inscrición formato odt