Archivos de junio, 2010
Participación no III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica en Galicia
jun 23
Amigos da Terra participará mañá xoves no “III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica en Galiza”, organizado por el Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo do 24 ao 26 de xuño. Nesta ocasión, participaremos na sesión 3, aula 8, presentando As Corcerizas como un exemplo práctico de xestión enerxética sostible e en total coherencia co medio. Ler mais…
Related Images:
Inscríbete agora no Campo de Traballo Alternativo
jun 23
Xa está dispoñible o programa de contidos do campo de traballo alternativo e a ficha para que enviedes a vosa solicitude de inscrición, a través dun correo electrónico.
Pronto teredes máis información sobre as entidades e persoas que colaborarán con Amigos da Terra neste proxecto e enriquecerán a aprendizaxe.
Ficha de inscricion en formato odt
Ficha de inscricion en formato doc
Related Images:
Seminario Internacional de Cambio Climático: Tecendo redes para o cambio
jun 18
Amigos da Terra organiza do 3 ao 10 de xullo un seminario de cambio climático en As Corcerizas, encontro dirixido a mozos/as de catro países europeos con inquietudes respecto aos problemas e ás posibles alternativas para frear o cambio climático. Ler mais…
Related Images:
Campo de Traballo Alternativo. Bioconstrución e Autoconstrución
jun 17
Amigos da Terra abre o plazo de inscrición para a formación en bioconstrución e autoconstrución que levaremos a cabo a través dun campo de traballo diferente, no que prima o coñecemento de novas técnicas bioconstrutivas e as súas aplicacións prácticas a través da realización de traballos colectivos.
Ao longo destes 10 días desfrutaremos dun programa variado de formación, animación, lecer, convivencia e participación, á vez que colaboramos cun proxecto no que podemos demostrar outros modelos de desenvolvemento máis respetuosos co medio que compartimos.
Related Images:
Métodos non invasivos para a detección de especies esquivas
jun 4
Dado o gran éxito das anteriores xornadas de rastros, Amigos da Terra organiza as III Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna, que terán lugar o vindeiro día 27 deste mes no Centro.
Dende a asociación queremos indagar máis nos métodos non invasivos existentes para a detección de especies esquivas, especialmente o lobo e o teixugo. Métodos, inofensivos para os animais, e que nos permiten coñecer mellor o comportamento destas especies no seu medio natural. Ler mais…
Related Images:
II Xornada de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente no Centro
jun 4
O próximo sábado, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, Amigos da Terra organiza a II Xornada de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente.
Tal e como aconteceu o pasado ano, alumnos e alumnas do Máster Oficial de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente da Facultade de Dereito de Ourense, daranse cita no Centro para levar á práctica os coñecementos adquiridos e prestados durante o ano na formación da universidade.