O centro acolle os vindeiros 24 e 25 de abril o curso-práctico de «Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento» dirixido a ONGD´s, medios de comunicación e outros axentes de cooperación.

O obxectivo do curso é dotar ás ONGD´s e axentes de cooperación das ferramentas axeitadas para poder mellorar a comunicación nas súas organizacións, poñendo como exemplo práctico, aplicable a outras ONGD´s,  a experiencia do proxecto de colaboración posto en marcha entre Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).

Para  participar no curso, reenviar a ficha de inscrición cuberta a :

comunicacion@amigosdaterra.net

O curso é gratuíto para os/as asistentes, así como o aloxamento e a manutención en As Corcerizas. Non se inclúe o desprazamento. Entregarase certificado de asistencia.