Recursos prácticos para a educación ambiental no tempo de lecer
Amigos da Terra desenvolverá o vindeiro 29 e 30 de maio o curso “Recursos prácticos para a educación ambiental no tempo de lecer”, enmarcado dentro do Plan de formación continua para monitores/as e directores/as de tempo libre que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Este curso pretende poñer en valor as ideas e capacidades dos monitores/as, reforzando o papel como educadores/as e nutrindo a vía para a profesionalización do sector do ocio e tempo de lecer.
A educación ambiental é unha ferramenta básica para os/as directores/as e monitores/as de ocio e tempo de lecer, pois son potenciais transmisores/as de aptitudes, coñecemento e valores, producindo nos seus receptores cambios actitudinais que lles fagan ser máis respectuosos co medio, xustos, críticos e conscientes das súas actuacións.
Obxectivos
- Adquirir coñecementos, aptitudes e ferramentas para incorporar a compoñente ambiental nas actividades de animación e programas de ocio e lecer.
- Aportar ferramentas para a realización de obradoiros ambientais en campamentos.
- Capacitar para a creación de recursos didácticos empregados nas actividades de educación ambiental.
- Achegar estratexias e ferramentas para o guiado de grupos nunha ruta ambiental.
Contidos
Bloque 1
- Bases metodolóxicas da educación ambiental.
- O papel do/a monitor/a de ocio e tempo de lecer como educador/a ambiental.
- Estratexias básicas de comunicación.
- Deseño de recursos e materiais.
- Modalidades e técnicas de avaliación.
Bloque 2
- Recursos prácticos para a educación ambiental.
- Actividades en equipamentos de Educación Ambiental. Novas visións.
- Actividades nun entorno natural. Prevención e protección no guiado de grupos.
- Realización de casos prácticos. Análise e debate.
Metodoloxía
Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas. Para elo aproveitaremos os recursos do equipamento de educación ambiental.
Datas e Localidade
Datas: 29 e 30 de maio de 2010
Horario: posibilidade de chegada o venres a partir das 20.00h e saída o domingo ás 19.00h
O curso dará comezo o sábado 29 ás 9.30h e rematará o domingo 30 ás 19.00h
Lugar: Centro de Educación Ambiental As Corcerizas. Serra de San Mamede – Vilar de Barrio, Ourense.
Reservas: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: 981545696 / 981544735 ou na dirección de correo electrónico: subdireccion.programas@xunta.es
Prazas limitadas
Los comentarios estan cerrados.
about 12 years ago
Ola
Son Sonia. Eu saio de Betanzos as 20 horas.
Se alguén se apunta que avise neste enderezo: arroas@hotmail.com
about 12 years ago
Hola, yo soy de Tuy (Pontevedra) y tengo coche…
Si hay alguien que quiera venir conmigo…: pauladominguezp@hotmail.com
about 12 years ago
Boas!
eu son Irene e ao igual que Olalla estou a ver se atopo a alguen que vaia ao curso e sexa de Coruña! non teño coche e queria ver se alguen que viva por aquí quere e pode compartir viaxe e gasolina!
o meu correo é: xiana_ire@hotmail.com
Saudiños e..gracias!!
Irene.
about 12 years ago
Ola, chamome Olalla e son de Santiago, estou apuntada o curso, gustariame saber se hai algún outro participante que veña dende Santiago e que esté disposto a compartir carro. eu non teño e estou buscando de alguén, compartimos gastos? o meu email é: olalla_is@hotmail.com
gracias e saudos