Alternativas prácticas fronte a un modelo en crise
Ante a situación de crise enerxética e outros problemas ambientais e sociais relacionados co modelo de «desenvolvmento» actual, debemos identificar e aplicar solucións integrais que nos capaciten, dende xa, para iniciar o cambio cara un modelo de vida máis sustentable e coherente.
Co obxectivo de experimentar e presentar alternativas prácticas para este cambio, o vindeiro 28 e 29 de novembro As Corcerizas acollerá a parte «Accións prácticas para o cambio» do Seminario de cambio climático que deu comenzo no mes de outubro.
ALTERNATIVAS FRONTE A UN MODELO EN CRISE. ACCIÓNS PRÁCTICAS PARA O CAMBIO
Datas: 28 – 29 de Novembro de 2009.
Destinatarios/as: público xeral
Duración: O seminario dará comezo o sábado ás 10:00 horas e rematará o domingo ás 18:00 horas.
Está prevista a acollida dos/as participantes a noite do venres
Contidos:
Enerxía: Visita interpretativa ao equipamento de As Corcerizas
Accións prácticas para o cambio. Experiencias e alternativas reais das enerxías renovables a pequena escala
Resíduos: A onde van os meus residuos?
Accións prácticas para o cambio. Compostaxe e vermicompostaxe
Bioconstrución e hábitos domésticos: Medidas aforro e eficiencia enerxética. Respecto polo medio e a saúde
Accións prácticas para o cambio. Merezo un fogar verde!
Alimentación, agrocombustibles e cambio climático: Encarando o cenit do petroleo. Decrecemento
Accións prácticas para o cambio. Mobilidade e condución eficiente; rodar con aceite; alternativas locais para o consumo consciente e responsable
Ponentes: Faimevi (Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo), Empresa Montaxes Lagoa – enerxías renovables, Asociación Véspera de Nada, grupos de consumo responsable/consciente de Galicia (Zocamiñoca, Eirado, Semente), Amigos da terra.
Programa: Accións prácticas para o cambio
Prezo: 25 € para socios/as e 30 € para o resto de participantes, por cada parte. Inclúe desprazamento dende Ourense, aloxamento, e alimentación ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.
Envía a túa ficha de incrición a:
Fax: 988 51 10 20
Dirección postal: Rúa Concordia nº20, 2ª esq. 32003 Ourense
Ficha de inscrición: Formato odt, Formato pdf, Formato doc
O número de plazas é limitado.
Ante a situación de crise enerxética e outros problemas ambientais relacionados co modelo de “desenvolvemento” actual, podemos e debemos identificar e aplicar solucións integrais, que conduzan cara outros paradigmas. O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas mostra algunhas alternativas prácticas para minimizar o noso impacto ambiental e social, puidendo incorporalas na nosa toma de decisións imprescindibles para este cambio.
Los comentarios estan cerrados.
about 12 years ago
A todo aquel que teña a sorte de visitar as CORCERIZAS desexarlle un feliz ano 2010 e lembrarlle que nese albergue tan fermoso non se poden ter mais que vivenzas inolvidables rodeadas dunhas paisaxes de gran beleza e maxia, pois seu fundador o señor MANUEL FERNANDEZ SALGADO o SEÑOR VILAS DE ARNUIDE quen se facia chamar O HOME DA SERRA DE SAN MAMEDE era tan grande coma a esa fantastica AULA DA NATUREZA …. chamada AS CORCERIZAS… que ninguen deixe de visitala si ten oportunidade.. pois con ese fin el loitou para que toda a xuventude disfrute da natureza da serra que el tanto quixo, feliz ano para as xentes que loitan por as corzerizas.
about 12 years ago
[…] do Teito do Petróleo e mais do Decrecemento. A palestra e posterior debate cos asistentes terá lugar o domingo día 29 e será a cargo de Manuel Casal […]