Programa «Sentir, coñecer, actuar» 2009
- Descubrir, coñecer e comprender as interacións entre humanidade e medio baseadas nos principios de sostibilidade.
- Chegar a tomar conciencia da importancia do medio ambiente nas vidas cotiás e valorar a transcendencia da mellora do entorno para mellorar a calidade de vida.
- Observar distintas formas de relacións e aproveitamento dos recursos naturais.
- Sensibilizarnos de xeito comprometido.
As actividades do programa de educación ambiental, «Sentir, Coñecer, Actuar» 2009, continúan a súa andaina no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
Os últimos centros en participar foron o C.E.I.P Monte Baliño, o I.E.S Abrente e o I.E.S Xesús Ferro Couselo, quen puideron disfrutar dunha xornada lúdica e de aprendizaxe na Serra de San Mamede.
A temática do cambio climático, foi a máis demandada polos centros, que puideron comprobar “in situ”, a viabilidade das enerxías renovables como unha alternativa viable para a vida cotiá, e un modo de axudar a frear o impacto que o cambio climático está tendo no noso planeta.
Vai un abrazo! e xa sabedes… Vémonos na Serra!!
Los comentarios estan cerrados.