Hoxe en día é moi habitual percorrer pobos e aldeas tragados polas silvas, onde o abandono de terras e casas á vez leva implícito o propio abandono da súa xente.

Non nos decatamos que estamos deixando perder parte da nosa propia existencia, cultura e tradición.

Por iso, esta fin de semana é unha alternativa destinada a todas aquelas persoas que desexen indagar máis nos coñecementos, actividades e expresións do noso patrimonio, a nosa historia, as transformacións sufridas, os costumes e o saber popular que aínda permanece nos pobos.

O obxectivo destas xornadas é achegar aos/as participantes ao noso patrimonio, o que nos aportará a información básica e necesaria para comprender a situación na que nos atopamos e a importancia da súa conservación, mostrándonos ao mesmo tempo recursos prácticos e exemplos da capacidade para vivir en coherencia e harmonía co medio.

Contidos das xornadas:

  • Presentación do patrimonio ourensán como ben ambiental, social e económico.
  • Análise sobre os usos actuais fronte os tradicionais.
  • Aplicacións do coñecemento popular galego no día a día.
  • Introdución sobre uso das plantas medicinais.
  • Análise dos motivos do cambio.
  • Comparación do carácter diferenciador do patrimonio segundo a situación xeográfica.

Actividades:

  • Roteiro ambiental, interpretativo e etnográfico a Rebordechao, pobo típico de montaña.
  • Identificación de especies vexetais silvestres e medicinais.
  • Obradoiro de cremas, bálsamos, aceites…

Datas:

  • 14 e 15 de novembro de 2009.

Inscricións:

  • Nº de prazas: 30
  • Inclúe: materiais, aloxamento e manutención.
  • Prezo: 30 € , (25 € para socios/as de Amigos da Terra)

Apoia: Concellería de Igualdade, Xuventude e Voluntariado de Ourense.

tenencia

Ficha de inscrición: formato odt, formato doc, formato pdf

Máis información:
988 374 318
info@ascorcerizas.com

Related Images: