Xestión de Residuos
Reducir é a primeira alternativa para unha xestión racional dos residuos, seguida de reutilizar e reciclar. Pero as dúas “R” prioritarias que se deben aplicar antes das tres anteriores son as de Reflexionar sobre o noso comportamento responsable coa problemática ecosocial dos residuos e a de Rexeitar todo aquel produto ao que non se lle poda aplicar o resto das “R” . En As Corcerizas seguimos as 5 “R” e para a xestión dos residuos orgánicos empregamos dous sistemas:
-
Compostaxe
A materia orgánica producida en As Corcerizas separámola en orixe e con ela facemos directamente compost, abono orgánico obtido a partir da descomposición controlada da materia orgánica polos organismos descompoñedores (bacterias, fungos) e por pequenos animais como as miñocas e escaravellos. A fracción compostable dos residuos é, con frecuencia, unha das máis contaminantes do fluxo de residuos urbanos, e a súa desviación dos vertedoiros e incineradoras pode contribuír significativamente a acadar os obxectivos locais de reciclaxe.
-
Depuración das augas cun filtro de plantas acuáticas
Este sistema basease na utilización de plantas acuáticas da familia das macrófitas (espadainas, xuncos, lirios amarelos ou platanarias), que de forma natural atópanse enraizadas no terreo, pero que aquí se transforman en flotantes. Ao flotar, as plantas forman un tapiz de raíces que ocupa toda a balsa, forzando a que toda a auga circule por esta esponxa de raíces; grazas ao osíxeno que inxectan as follas das propias plantas, as raíces crean ao seu redor un ambiente osixenado que favorece a unión dunhas bacterias microbianas. Estas son as que absorben e se nutren das cargas contaminantes e da materia orgánica, devolvendo a auga limpa ao medio.
Figura: Esquema dun Filtro de Macrófitas en Flotación (sistema F.M.F.)
Proxecto de Implantación do sistema en As Corcerizas
|