As Corcerizas é un exemplo de xestión enerxética sostible, apostando pola eficiencia, o uso racional e a autosuficiencia a partir de fontes de enerxía limpa, inesgotable, renovable e a diversificación da produción a pequena escala, atendendo aos recursos naturais dos que dispoñemos no entorno: enerxía solar, eólica, hidráulica e biomasa.

2014_02_04_03 2014_02_04_01
2014_02_04_04 2014_02_04_02
  • Enerxía solar: módulos fotovoltaicos que nos proporcionan 6Kw de electricidade e con paneis térmicos para auga quente sanitaria

  • Enerxía eólica: pequeno aeroxerador adaptado ás condicións do lugar, capaz de xerar 5Kw de enerxía eléctrica

  • Enerxía hidráulica: microturbina hidráulica co uso dun pequeno encoro, que produce de media 6Kw de enerxía eléctrica

  • Biomasa: caldeira policombustible que abastece o albergue e caldeira de péllets que abastece comedor e aula, proporcionando auga quente para uso sanitario e para calefacción.

As fontes centralízanse e xestiónanse desde A casa das enerxías, onde as baterías acumulan a enerxía necesaria para un eficiente funcionamento enerxético.