Bioconstrución é a forma de construír que utiliza materiais saudables e respectuosos co medio en todos os momentos do seu ciclo de vida (produción, utilización, eliminación), e que incorpora sistemas produtivos eficientes e aforradores de enerxía. Como se adaptou esta definición en As Corcerizas? Algúns exemplos dos criterios empregados:

2014_02_02_03
2014_02_02_01 2014_02_02_04
  • Elección do lugar de construción segundo factores bioclimáticos, integrado no seu contorno e minimizando o impacto paixasístico: bosque de folla perenne cara o norte (piñeiros) e caduca cara o sur (castiñeiros).
  • Orientación axeitada para aproveitar a enerxía solar pasiva e consecuente distribución dos espazos interiores segundo o seu emprego.
  • Integración no entorno e emprego de materiais de produción local.
  • Madeiras procedentes de talas sostibles.
  • Materiais saudables e biocompatibles: aceites naturais para protexer a madeira; pinturas ecolóxicas sobre un taboleiro de papel reciclado e xiz; illantes naturais como a cortiza de sobreira empregada nas paredes; cemento branco e cal hidráulica.
  • Cuberta vexetal no tellado como regulador térmico.