Educación Ambiental para Nenos/as

Finaliza con éxito a I edición do programa escolar: Reduce a pegada de carbono!

escolares_IES_Anxel_Fole

As Corcerizas é un exemplo de aplicación de criterios de redución de emisións. A través do premio Fondo de Sustentabilidade, incorporaronse novos recursos para continuar minimizando a pegada de carbono, como a instalación dun pequeno eólico e a construción de muros radiantes para a calefacción. 
Neste marco Amigos da Terra convidou a 8 centros escolares a unha xornada didáctica, na que as/os participantes analizaron as principais fontes de emisións de CO2, a nosa relación coa produción e a capacidade que temos para influir na súa redución.
Agradecemos aos centros a súa participación e dinamismo! 
Aquí unha presentación das FOTOGRAFÍAS DAS XORNADAS

Reduce a pegada de carbono! novas xornadas escolares

261213_escautsApunta ao teu centro escolar ás novas xornadas gratuítas en As Corcerizas, baixo o programa Reduce a túa pegada de carbono! enmarcado no premio de sustentabilidade de Hostelling International.

Amigos da Terra convida a 8 centros escolares a participar gratuitamente nunha xornada didáctica durante o mes de maio, na que se analizarán as principais fontes de emisións de CO2, a nosa relación coa produción e a capacidade que temos para influir na súa redución. A través de propostas concretas pretendemos ser parte das posibles solucións, demostrando e divulgando a viabilidade dunha pegada de carbono mínima. A partir de 1º da E.S.O.

Consulta a programación e inscribe ao colexio canto antes!: PROGRAMA PEGADA DE CARBONO

Ler mais…

Actividades Escolares: oferta especial de primavera!


Inscribe o teu centro educativo nas actividades escolares 2013! Adaptadas dende infantil ata bacharelato, con estadías de 1 a 3 días. Cada centro pode escoller entre as diferentes actividades propostas ou solicitar un programa “a medida”. Ofertas especiais, consulta as TARIFAS:

Cubre as 50 plazas do bus e só vos custará 8 € por participante! Para estancias, en grupos de 25 participantes, con aloxamento, manutención e actividades:
2 días: 68€/persoa (inclúe 1 noite e 1 pensión completa)
3 días: 97€/persoa (inclúe 2 noites e 2 pensións completas)

Consulta as actividades propostas e o modo de inscrición!

Ler mais…

Visitas educativas antes da neve

Xa chegou a neve a As Corcerizas! pronto poderemos amosarvos esa bonita paisaxe.. E xusto antes recibimos varios grupos con diferentes intereses:

Achegáronse os/as socios/as e voluntarios/as de Enxeñería Sen Fronteiras, para levar a cabo a súa xuntanza de asociación, compartindo recursos e potenciando o traballo en rede entre organizacións!

Tamén recibimos ao alumnado do curso de Monitor/a Ambiental que está a levar acabo a Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz, co obxectivo de coñecer novas ferramentas educativas, metodoloxías e recursos.

E non faltaron os/as nenos/as! xa que se achegaron 2 grupos do C.E.I.P. A Lama dende a provincia de Pontevedra, dende infantil ata o último curso de primaria, para coñecer a realidade das enerxía renovables.

Pronto comezarán novas actividades, estade atentos/as!

Posta en marcha dos Programas Escolares 2012-2013!

Ábrese o prazo de inscrición para as actividades escolares!

Cada centro educativo poderá escoller entre 3 Programas diferentes segundo o tema de interese, a desenvolver nos meses de marzo a xuño.

– ProxectoTerra
– Alimentos Quilometricos
– Sentir, coñecer, actuar

Os Programas está dirixidos a alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos

Ler mais…

Alimentos Quilométricos: novo programa escolar!

Os alimentos que comemos veñen cada vez de máis lonxe: hortalizas de Marrocos, garbanzos de México, viño de Chile.. Ademais, cada vez é maior a cantidade de alimentos que importamos, contribuindo ao abuso dos recursos naturais dos países do Sur e agravando o cambio climático pola gran cantidade de emisións de gases de efecto invernadero que supón.

Investiguemos como frear o cambio climático co que comemos cada día!

Convidámosvos a participar nas xornadas educativas que levaremos a cabo dende o mes de marzo ata xuño.

OS 3 PRIMEIROS CENTROS EN APUNTARSE DISFRUTARÁN DA XORNADA DE XEITO GRATUÍTO! coa financiación da Fundación Biodiversidad, a través do proxecto estatal do que forma parte este programa e que desenvolve Amigos de la Tierra en diferentes puntos do estado español.

Ler mais…

6ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar

Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar

Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro

O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria e secundaria: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos, aplicación de metoloxías científicas, coñecemento do medio e cooperación.

As xornadas serán desenvoltas nas instalacións de As Corcerizas e no entorno do Macizo Central Ourensán.

Contacta con nós en:

info@ascorcerizas.com
Telf: 988 374 318 / 986 125 171

  • Rúa da Concordia 20, 2º esquerda 32003 – Ourense
  • Rúa Policarpo Sanz, 17 – 1º D. 36202 – Vigo

Finalizamos o Campamento de Verán do Concello de Pontevedra

Rematado o campamento de verán 2011 do Concello de Pontevedra, onde durante 10 días os/as nenos/as desfrutarón no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, dunha gran variedade de actividades lúdicas e educativas, sempre en contacto coa natureza.

 

Nestes días tiveron a oportunidade de descubrir novas paisaxes, novas amizades, novas sensacións, sempre a través de xogos e dinámicas en grupo,  desenvolvendo a sensibilidade e favorecendo o traballo en equipo.

 

 

Esperamos que recordedes con ilusión estes 10 días que pasamos xuntas/os!!!

Aquí tedes un pequeno agasallo

 

 

 

Finaliza a edición 2010-2011 do Proxecto Terra en As Corcerizas

Coa visita do Ies Rodeira de Cangas o pasado 26 de maio, dámos por finalizadas as xornadas educativas en As Corcerizas dentro dos Intercambios territoriais previstos na programación do Proxecto Terra para curso 2010-2011.

Entre os meses de abril e maio case 200 escolares de 12 a 18 anos, chegados de diferentes pontos de Galicia, puideron comprobar en 1ª persoas as vantaxes e beneficios da bioconstrución e arquitectura bioclimática; tomando consciencia da diversidade e evolución das construcións e dos asentamentos no territorio galego.

Ler mais…

DÍA DA ÁRBORE: Creación dun bosque de acivros con escolares de Ourense

Dando continuidade ao labor educativo que levan facendo neste eido Amigos da Terra no Centro de As Corcerizas e o Concello de Ourense na Aula de Natureza do río Miño, propomos para celebrar o Día da Árbore, no Ano Internacional dos Bosques, unha xornada de achegamento ao Macizo Central Ourensán co obxectivo de revalorizar os nosos recursos forestais e iniciar a creación dun bosque de acivros na Serra de San Mamede. Día da Árbore 2011

Será este o inicio dun recurso educativo que irá medrando e madurando co paso do tempo e a implicación dos diferentes Centros educativos e persoas que pasan anualmente pola Serra.
Ler mais…