Albergue
Participa nas xornadas de voluntariado e desfruta do entroido!
Feb 24
Dende este venres 28 ata o martes 4 de marzo, As Corcerizas pon a túa disposición o albergue para que podas disfrutar do entroido ourensán, á vez que colaboras co proxecto.
Durante a fin de semana, convidámosche a colaborar na preparación do terreo para a horta que imos poñer en marcha. Recuperaremos os materiais dun cercado abandonado no monte e prepararemos a terra para os bancais. E a partir do domingo poderás seguir aloxándote de xeito gratuíto no albergue para disfrutar do triángulo máxico do Entroido ourensán.
Aproveita a ocasión e apúntate en info@ascorcerizas.com!
As Corcerizas gaña un premio internacional de sostibilidade. Comezamos co proxecto!
Xan 8
Amigos da Terra obtivo o recoñecemento do premio Fondo de Sustentabilidade que outorga Hostelling International, a través do proxecto de soberanía enerxética de As Corcerizas.
Este premio internacional ten como finalidade a conservación do medio ambiente, apoiando proxectos dirixidos a mellorar o patrimonio natural mediante a redución das emisións de carbono. Este mes de xaneiro comezamos coas accións do proxecto, síguenos!
As Corcerizas é sustentabilidade, é necesaria, posible… e contigo realidade!Este nadal escápate a As Corcerizas!
Dec 4
O albergue de As Corcerizas ofreceche unha alternativa para que pases os festexos en grupo ou de xeito individual, compartindo o encanto da serra no inverno.
Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza, constitúe unha boa opción para facer novas actividades: roteiros pola montaña, autoprodución de fungos, obradoiros de cosmética natural, velas ecolóxicas, etc. Consulta as promocións de fin de semana de decembro, ou pasa o fin de ano na montaña.
Comeza o 2014 en As Corcerizas!
Ler mais…
Excelentes resultados do encontro da REAJ
Nov 26
Amigos da Terra participou no IX Encontro de albergues xuvenís da REAJ, este ano celebrado no Albergue Xuvenil Castillo de San Servando, en Toledo, do 20 ao 22 de novembro.
Durante o encontro, abordaronse proxectos nacionais e internacionais de promoción das instalacións xuvenís, e compartíronse experiencias a través de varias ponencias de temáticas diversas: xestión alimenticia; relacións e conflictos en grupo; e boas prácticas nos albergues, tema no que destacou a exposición do proxecto de As Corcerizas.
Xornadas de PrantaFragas, activismo na Serra!
Nov 21
Dende Amigos da Terra continuamos coas accións de revalorización e recuperación do monte no entorno de As Corcerizas! Esta mesma fin de semana un grupo de activistas da asociación organiza e levará a cabo un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede: XORNADAS DE PRANTAFRAGAS.
Empregaranse as sementes recollidas neste mesmo mes, na súa maioría landras de carballo da zona da Limia.
Estades todas/os convidadas/os a pasar a fin de semana en As Corcerizas, e implicarvos na restauración destes montes, apuntádevos!
As Corcerizas é finalista a nivel mundial no concurso HI Fondo Sustentabilidade, axúdanos a gañar!
Ago 6
Estamos entre os 15 finalistas E precisamos a túa axuda!

Hostelling International 2013
O Albergue As Corcerizas representa ao Estado español nun concurso de Hostelling International a nivel mundial, que ten como finalidade a conservación e o respeto polo medio ambiente; o proxecto que máis votos online reciba será o gañador.
Dende Amigos da Terra e a Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) solicitamos a vosa colaboración votando polo proxecto de As Corcerizas (Spain) entrando en www.reaj.com/sostenibilidad.html e seguindo os pasos que se indican.
Ademais, REAJ sortea 4 fins de semana gratis en calquera dos seus 264 albergues entre as persoas que apoien a As Corcerizas!
Activismo na Serra de San Mamede
Mar 11
Dando continuidade ás accións de revalorización e recuperación do monte levadas á cabo por Amigos da Terra no entorno de As Corcerizas nos últimos anos; propomos, para o vindeiro 16 e 17 de marzo, un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede:
Roteiro nocturno, obradoiro de recuperación ambiental, plantación e ecovixiancia en zonas afectadas polo AVE e xogos de orientación, serán algunhas das actividades previstas.
Consulta a Programación e reserva praza!
Momentos vividos, momentos compartidos
Out 2
Pasada a data simbólica da celebración do 10º Aniversario queremos agora compartir con todos/as vós, algúns dos momentos desta grata fin de semana asi como unha visión da traxectoria do proxecto dende os seus inicios ata a data presente. Disfrutade coa:
• Galeria de fotos: 10 anos As Corcerizas
• Video: Aniversario de As Corcerizas. 10 anos compartindo alternativas
Sabemos que, a pesar de formar parte importante do proxecto, non están todos/as os/as que son; pero é que son milleiros de fotos, voluntarios/as, participantes, actividades…
Gracias pola enerxía e confianza aportada… e xa sabedes, vémonos na Serra!
Sen plan para a Ponte da Constitución? Escápate a As Corcerizas!
Nov 25
O albergue de As Corcerizas abre as súas portas co motivo da Ponte da Constitución para desfrutar do 3 ao 8 de decembro do encanto da serra no inverno. Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza, constitúe unha boa opción para compartir uns días en boa compañía.
No outono, apuntate a roteiro e magosto
Nov 5
O vindeiro sábado13 de novembro, celebraremos o outono na Serra de San mamede, cun roteiro interpretativo ata o Bidueiral de Montederramo e un magosto en As Corcerizas.
Ao longo da xornada realizaremos un obradoiro de cartografía-orientación. Plantaremos árbores nunha zona degradada, faremos a interpretación dos ecosistemas que acubilla a Serra.
E remataremos o día cun tradicional magosto en As Corcerizas. Castañas, música tradicional,lendas e contos…
Datos prácticos:
O prezo de toda a xornada será de 10 Euros, con todos os gastos incluidos.
Data límite para inscribirse: 10 de novembro.
De Ourense sairá un autobús ás 9:00h da mañá desde o Parque San Lázaro.