Paula Vidal
O usuario non compartiu ningunha información biográfica.
Páxina Persoal: http://www.ascorcerizas.com
Posteos por Paula Vidal
Curso de elaboración de xabóns e cosmética natural
Mai 9

O uso frecuente de cosméticos con aditivos pode ameazar a saúde da nosa pel e de todo o noso organismo; xunto coa consecuente contaminación das augas por excesos de sustancias tóxicas. A través deste curso ofrecemos unha alternativa natural e saudable!
Realizaremos o proceso completo de elaboración con diferentes compoñentes e esencias, co obxectivo de que cada participante poda facer os seus propios xabóns, champús, cremas, desodorantes e demais cosméticos na casa, empregando elementos ecolóxicos.
Consulta o PROGRAMA que desenvolveremos de xeito práctico os días 1 e 2 de xuño; ademais entregarase un manual detallado.
ENTENDÉMONOS: curso de comunicación intra e interpersoal
Abr 26

Para todas as persoas e colectivos que queirades reflexionar e aprender conceptos e técnicas relacionadas coa comunicación asertiva e a mellora das relacións, presentamos este curso a desenvolver o 25 e 26 de maio en As Corcerizas. Cun clima grupal cómodo e lúdico, traballaremos a comunicación verbal e non verbal, as habilidades comunicativas e resolución de conflictos, tanto para o ámbito persoal como profesional.
Fomentar a autoestima, a motivación e o benestar; coñecer ferramentas para a expresión e xestión das emocións; entrenar a autoafirmación e a empatía; ou coñecer o “continuo” entre a restricción total e a necesidade de poñernos límites, son algúns dos obxectivos. Neste momento de cambio temos a oportunidade de reconciliarnos con nós mesmas, soltar amarras e aprender a cooperar e xuntar forzas! [PROGRAMA ENTENDÉMONOS]
Tratamentos biolóxicos de augas residuais: curso práctico [NOVAS CONDICIÓNS DE HORARIOS E PREZOS]
Abr 15
Coa participación neste curso desenvolverás a capacidade técnica necesaria para poder acometer con éxito a construción, mantemento e xestión dun sistema de depuración doméstico sustentable.
Coa idea de identificar a opción máis apropiada para o noso proxecto ou fogar, os días 25 e 26 de maio o profesional Javier Santiago exporá as bases da fitodepuración e presentará alternativas viables para poder construir e autoconstruir o noso propio filtro.
Consulta o PROGRAMA cos contidos, novos horarios, currículum do formador; e apúntate ás alternativas naturais! MATRÍCULA: 60€
Como convivir cunha mesma e en comunidade? apúntate a descubrilo!
Mar 4
Esta semana santa Amigos da Terra ofreceche un plan diferente en As Corcerizas, con actividades baseadas no benestar, equilibrio e intelixencia emocional. É momento de adquirir as habilidades que precisamos para vivir en sociedade e crear comunidade, apúntaste a descubrilas? Coa colaboración de María Martínez, especialista en terapia breve centrada en solucións, gabinete ANDARES, afondaremos en fórmulas para unha comunicación asertiva e para sintonizar e entrar en armonía cos demais sen perder o noso ritmo.
Tamén propomos un roteiro pola Serra de San Mamede, potenciando o contacto coa natureza como ferramenta imprescindible para o noso benestar.
PREZO ESPECIAL DE XÓVES A DOMINGO: 75 euros; 65 euros para socios/as de Amigos da Terra. Tamén poderás conformar o teu propio plan “a medida” e apuntarte ao que máis che interesa!
Inscríbete no curso de horto ecolóxico! e participa nas hortas urbanas comunitarias
Feb 26
Amigos da Terra convídavos a participar na II edición do curso horto ecolóxico familiar a fin de semana do 9-10 de marzo.
Ademais dos contidos teóricos necesarios para poñer en marcha unha horta, levaremos a cabo obradoiros prácticos que nos permitirán iniciar e manter os nosos cultivos: extracción de sementes, preparación de extractos vexetais e a elaboración de sementeiras.
O curso será impartido por Jacobo Ojea e Belén Fervenza, produtores/as de Redondela con ampla experiencia en agricultura ecolóxica. Coa súa colaboración iniciaremos tamén hortas urbanas en Ourense e Vigo durante a primavera, a través de xornadas de traballo en parcelas comunitarias. Apúntate ao autoconsumo!
Campamentos 2013 con Amigos da Terra!
Feb 8
Este verán apuntate a un Campamento Alternativo!
Nos campamentos de Amigos da Terra apostamos por unha educación ambiental de calidade, onde ademais do propio disfrute das actividades aportase unha experiencia vivencial de alto valor.
Desenvolvemos un programa en permanente contacto coa natureza, ampliando a sensibilidade que permite identificar valores humáns e de convivencia na mesma. E coidamos a alimentación cunha cociña libre de transxénicos e con alimentos ecolóxicos.
Do 1 ao 10 de xullo terán o protagonismo os mozos e mozas de 10 a 14 anos.
Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións e visitas a pobos próximos, obradoiros creativos e actividades manuais, xogos populares, dinámicas de grupo, cine ao aire libre, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis informacion sobre o enfoque e actividades deste ano.
Fotografías de anteriores Campamentos en As Corcerizas
Descarga o calendario 2013 de Amigos da Terra Europa
Xan 30
A sección xuvenil de Amigos da Terra en Europa, Young Friends of the Earth Europe, están moi felices de poder mostrar as accións de 2012 neste calendario, e con ganas de planificar moitas máis cousas apaixoantes para 2013!
Podedes divulgar e descargar o calendario, imprimilo e empregalo cada día!
Atoparedesvos accións realizadas en Galicia, como fotos do summer camp en As Corcerizas, moitas delas feitas polos nosos/as voluntarios/as, parabéns polo traballo ben feito!
Actividades Escolares: oferta especial de primavera!
Xan 22

Inscribe o teu centro educativo nas actividades escolares 2013! Adaptadas dende infantil ata bacharelato, con estadías de 1 a 3 días. Cada centro pode escoller entre as diferentes actividades propostas ou solicitar un programa “a medida”. Ofertas especiais, consulta as TARIFAS:
Cubre as 50 plazas do bus e só vos custará 8 € por participante! Para estancias, en grupos de 25 participantes, con aloxamento, manutención e actividades:
- 2 días: 68€/persoa (inclúe 1 noite e 1 pensión completa)
- 3 días: 97€/persoa (inclúe 2 noites e 2 pensións completas)
Consulta as actividades propostas e o modo de inscrición!







Está aberta a inscrición para o Campo de traballo internacional que levaremos a cabo no verán, do 1 ao 12 de agosto en As Corcerizas. 





Comentarios Recentes