As Corcerizas

O usuario non compartiu ningunha información biográfica.


Posteos por As Corcerizas

As Corcerizas actualiza o seu sitio web

Nova web de As CorcerizasVisita a nova versión da web de As Corcerizas e actualiza as túas ligazóns.
Vémonos na serra!

Loitas ambientais, alternativas rurais

cartel_agriO 28 de Marzo propoñémoste unha xornada de conferencias en As Corcerizas.

Baixo o título “Loitas ambientais, alternativas rurais” afondaremos na realidade do que está a acontecer nas nosas aldeas, nas nosas eiras e aos nosos labregos.

Nun momento no que a volta ao rural está en boga, reflexionaremos sobre as eivas e as vantaxes, as oportunidades e, tamén, os retos aos que deberemos facer fronte nos próximos anos para garantir un rural vivo, xusto e ecolóxico.

Consulta o PROGRAMA COMPLETO

Prezo: A xornada e o xantar son de balde para o público xeral. Prazas limitadas.

Ficha de inscrición

Envía a ficha de inscrición cuberta a info@ascorcerizas.com

Data fin de inscricións: 24 de Marzo ás 12h.

Remata o Campo de traballo internacional de bioconstrución!

campo_de_trabajo_ascorcerizas_2014_brais_palmásO pasado 12 de agosto finalizou o campo de traballo internacional de bioconstrución e autoconstrución en As Corcerizas. Ao longo de doce xornadas, mozas de seis nacionalidades diferentes aprenderon a deseñar e construir seguindo os principios da construción sostible.

O programa completouse con charlas informativas sobre o sistema alimentario convencional, a mediciña alopática e o presente modelo enerxético. E para coñecer as alternativas propuxemos diversos obradoiros de cosmética natural, velas e xabóns veganos, elaboración de pan, de marmelos e cervexa artesanal. Aquí algunhas FOTOGRAFÍAS das xornadas.

Ler mais…

Voluntariado ambiental en As Corcerizas… de voluntari@s a voluntari@s

bioconstrucionOrganizada dende un grupo de activistas da asociación, a vindeira fin de semana, dende o 19 ata o 20 de outubro, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais e ambientais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas: construción dun secadoiro de castañas con adobe, aprender técnicas de bioconstrución como facer diferentes mesturas de adobe, tamén desfrutaremos dos aires limpos da serra e faremos pan artesán.

O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo.

Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verduriñas para a cea do vernes e sábado (a pasta ou o arroz poñemolos nós).

Chegada o sábado pola mañá, saida o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

Ler mais…

Voluntariado ambiental en As Corcerizas… de voluntari@s a voluntari@s

Activismo Serra de San MamedeOrganizada dende un grupo de activistas da asociación, a vindeira fin de semana, dende o 4 ata o 6 de outubro, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas: construción dun valado de madeira para unha horta, e proxeccion de documentais ambientais …e para completar a xornada compartindo experiencias, organizaremos dous cursillos de cosmetica ecoloxica e pan artesán.

O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo.

Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verduriñas para a cea do vernes e sábado (a pasta ou o arroz poñemolos nós).

Chegada o venres ás 18:00 pola tarde.
Saida o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

Ler mais…

Jo e Penny, EVS en Amigos da Terra, comentan a súa participación no Get moving too!

Get moving too!Durante una semana se realizó en As Corcerizas un encuentro europeo de Amigos da Terra de varios paises europeos. Es verdaderamente inspirador ver tanta gente con motivación para desarrollar intervenciones significativas desde el punto de vista ambiental y capacidad de acción para poner estas ideas en práctica.

Fué una muy buena experiencia estar por dentro de este encuentro como miembro del equipo técnico y por un lado proporcionar a los participantes buenas condiciones de trabajo y relajación, y por otro también participar con ellos en todos los talleres que tuve disponibilidad para hacerlo. Mientras se trabajó el desarrollo de la red europea de Amigos da Terra y la preparación de próximas acciones, también se crearon nuevas relaciones a nivel personal entre los participantes.

João (Jo)

Get Moving Too fué mi primer encuentro con FoE internacional. Todavìa no sé mucho sobre la organizacion y entonces fue una buena oportunidad para aprender más del trabajo y cooperación international de FoE. Me gustó ver tanta gente motivada y apasionada y también he aprendido mucho sobre la red europea y como podemos cooperar y utilizar nuestras competencias con más eficacia.

Pernille (Penny)

Ler mais…

Voluntariado ambiental en As Corcerizas… de voluntari@s a voluntari@s

Voluntariado Ambiental en As CorcerizasUn grupo de activistas da asociación ecoloxista Amigos da Terra organiza a vindeira fin de semana, dende o 6 ata o 8 de setembro unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas, na serra de San Mamede: recollida de leña, limpeza do monte, protección de árbores, e para completala xornada conpartindo experiencias, organizaráse un cursillo de auto cultivo de setas.

O aloxamento no albergue será gratuito, así como o almorzo. Os participantes terán que levar a comida do sábado e o domíngo, asi como unhas verduriñas para a cea do sábado, co fin de acompañar a pasta e o arroz que porá a asociación.

A chegada será o venres ás 18:00 h e a saída o domingo pola tarde.

Ler mais…

Presenza de Amigos da Terra no Salón Bioatlantic

bioatlantic_amigosdaterra_

Amigos da Terra estará presente en Vigo os vindeiros 30 de setembro 1 e 2 de outubro no Salón Bioatlantic, un espazo de difusión e encontro sobre Bioalimentacion, Bioenerxías e Bioconstrución.

Ler mais…

Camisolas de As Corcerizas

Amigos da Terra ven de editar unha serie de camisolas para difundir o Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas.

Camisola de As Corcerizas

Estas camisolas de comercio xusto, algodón ecolóxico e con tintes á auga, foron feitas en colaboración coa empresa Mandacaru.

Disponibeis xa no local de Ourense (Rúa Bedoia, 5-2ºD) e no propio Centro …a 10 euros!!!
Colabora con Amigos da Terra, axudanos a difundir As Corcerizas!

As Corcerizas acoge el XIV Encuentro de Verano de la Red Ibérica de Ecoaldeas

Galego | Castellano

Este verano, del 25 al 30 de agosto, As Corcerizas acogerá el XIV Encuentro de Verano de la Red Ibérica de Ecoaldeas.

Será un momento donde compartir experiencias y conocimientos que nos ayuden a transformar de manera creativa nuestras vidas y nuestro entorno hacia nuevos modelos de convivencia que velen por la sostenibilidad, la autogestión y el respeto por minorías y mayorías.

Ler mais…