cartel_agriO 28 de Marzo propoñémoste unha xornada de conferencias en As Corcerizas.

Baixo o título “Loitas ambientais, alternativas rurais” afondaremos na realidade do que está a acontecer nas nosas aldeas, nas nosas eiras e aos nosos labregos.

Nun momento no que a volta ao rural está en boga, reflexionaremos sobre as eivas e as vantaxes, as oportunidades e, tamén, os retos aos que deberemos facer fronte nos próximos anos para garantir un rural vivo, xusto e ecolóxico.

Consulta o PROGRAMA COMPLETO

Prezo: A xornada e o xantar son de balde para o público xeral. Prazas limitadas.

Ficha de inscrición

Envía a ficha de inscrición cuberta a info@ascorcerizas.com

Data fin de inscricións: 24 de Marzo ás 12h.